DESBLOQUEO DE LA SITUACIÓN
Jácome ajudica el autobús tras el levantamiento del reparo
IDENTIDADE DA GALICIA
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou onte que o vindeiro mércores, 25 de febreiro, manterá unha reunión de traballo coas principais institucións culturais de Galicia. O encontro terá como obxectivo avanzar de xeito conxunto no deseño da programación do Ano Oteriano, unha efeméride declarada por unanimidade no Parlamento de Galicia para conmemorar este 2026 o cincuenta aniversario do pasamento do intelectual ourensán Ramón Otero Pedrayo e o centenario da publicación dunha das súas obras de referencia, a Guía de Galicia.
Durante unha visita institucional á ede Fundación Otero Pedrayo no Pazo de Trasalba (Amoeiro), na que estivo acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o titular de Cultura subliñou a necesidade de que a homenaxe ao “Patriarca das Letras Galegas” conte coa máxima implicación institucional, cultural e social. Segundo explicou López Campos, a intención do Goberno galego é artellar unha programación transversal que recolla as iniciativas de todas as entidades do país para acadar a maior difusión posible sobre a relevancia do legado oteriano na identidade da Galicia contemporánea.
O responsable autonómico destacou a figura de Otero Pedrayo como un dos piares fundamentais do florecemento intelectual galego, lembrando a súa capacidade para vincular o galeguismo coa cultura universal. Na súa intervención, puxo en valor a polifacética traxectoria do autor, quen fora membro das Irmandades da Fala, un dos fundadores do Grupo Nós e o primeiro presidente da Editorial Galaxia, ademais de exercer como mestre, xeógrafo, novelista e político.
López Campos incidiu na relevancia de que esta efeméride non quede nunha mera lembranza estática, senón que sirva para “artellar entre todos unha programación que estará á altura de dignificalo aínda máis”. Neste sentido, o titular de Cultura subliñou que o propósito final de coordinar os esforzos de todas as institucións culturais o vindeiro 25 de febreiro é, en última instancia, “manter acesa a vixencia actual da súa importante herdanza” para a construción da Galicia moderna.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESBLOQUEO DE LA SITUACIÓN
Jácome ajudica el autobús tras el levantamiento del reparo
ATASCO ADMINISTRATIVO
Crisis en el Concello de Ourense: Jácome insta a las empresas a demandar para cobrar
Lo último
TERCER MES CONSECUTIVO
El IPC se mantiene en mayo en el 3,2%, pero la inflación subyacente se eleva al 3%
MUNDIAL 2026
La selección de México sonríe entre expulsiones