A música do país exhibe a súa forza en Vilavidal, Ramirás, da man de Rebulir
CULTURA POPULAR
Centos de artistas de toda Galicia amosaron o seu talento e arte na Verbena do Rella, en Ramirás
Vilavidal, no concello de Ramirás, albergou este sábado con gran éxito unha nova edición da Verbena do Rella, que durante dous días converteu esta pequena parroquia na capital da música tradicional galega. A iniciativa, impulsada pola asociación cultural Rebulir, congregou a numerosos veciños e visitantes nunha fin de semana ateigada de ritmo e convivencia. Cos establecementos e aloxamentos ao completo, o evento confirmou o seu poder de convocatoria e o seu papel na dinamización do rural ourensán.
Tralas actividades do venres, que incluíron a apertura dunha exposición, un obradoiro de baile e animación da rúa, a xornada principal do sábado arrancou cun entretido obradoiro de toque con culleres que deu paso a unha tarde con xogos infantís, pasarrúas e un emocionante encontro de escolas tradicionais.
O momento álxido chegou co encontro de escolas de música e baile tradicional, así como cos concertos de formacións de referencia como Carapaus, Coanhadeira, Airiños da Freba, O Fiadeiro ou Cantigas e Agarimos, que animaron o baile ata a madrugada nunha foliada aberta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
Un café muy amargo
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Gobernar es lo importante
POLOS RÍOS E MONTAÑAS DE OURENSE
O Macizo Central, un mundo elevado e rotundo no corazón da provincia