POLÍGONO AGROFORESTAL
O Riós recupera terreos para cultivos leñosos e o aproveitamento de castaña
XORNADAS TÉCNICAS
A Deputación, a través do Inorde, organiza este venres e sábado no multiusos do Riós o IV Foro da Castaña, que este ano terá como tema central a recuperación do solo despois dos incendios forestais, que reunirá produtores de castaña, propietarios de soutos, asociacións, empresas e entidades públicas deste sector, para abordar os retos e oportunidades deste cultivo estratéxico en Galicia. Durante a xornada haberá unha exposición de maquinaria agrícola e manual vinculada á recollida do froito.
O venres arrancará cun relatorio sobre a rexeneración do chan tralo lume, a cargo do técnico do Inorde Servando Álvarez. A continuación, a doutora en Bioloxía Beatriz Míguez falará sobre a importancia dos portaenxertos e a mellora xenética nas plantacións, o enxeñeiro de Montes Roque Rodríguez presentará novidades sobre os tratamentos do castiñeiro e a súa relación coa prevención de lumes, e intervirán representantes da Asociación Galega das Castañas e dos Soutos.
Á tarde falarase da madeira do castiñeiro, da diversificación das variedades e terá lugar un showcooking con castañas coa galardoada chef Begoña Vázquez. O día concluirá coa análise dos técnicos de Seaga sobre un tratamento experimental contra o cancro do castiñeiro mediante empacado con terra forestal.
O sábado haberá unha visita técnica a Troncoso (Portugal), na DOP Castaña dos Soutos da Lapa, para coñecer o proxecto “Life Fagesos” e o banco de xermoplasma de castiñeiro, unha plantación modelo con explicacións de xestión sostible e control de patóxenos e un souto da variedade autóctona “Martaínha”.
Os interesados poden inscribirse no Inorde, no 988 317 951 ou en centroagroforestal@inorde.com.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
POLÍGONO AGROFORESTAL
O Riós recupera terreos para cultivos leñosos e o aproveitamento de castaña
SETE FORMACIÓNS
O Riós achega a formación universitaria oficial ao rural
Lo último