20 oct 2024

Baldomero Moreiras, unha vida entretecida á arte

Falar do artista plástico Baldomero Moreiras é evocar unha pintura moi característica, cun selo persoal no que os trazos e cores definen cadros que transportan ó espectador mergullándeo en imaxes que atrapan a ollada. Unha ollada que fita inmóbil na búsqueda do que hai tras a pintura propiamente dita, cecáis na procura das musas que o inspiraron. Na actualidade pódese ver a mostra “A colaxe na literatura ourensá” na Biblioteca Pública Nós ata finais de mes. E aínda que a súa traxectoria é dabondo coñecida por moitos, nesta entrevista indagamos máis alá sobre como Baldomero Moreiras chegou a ser un dos pintores galegos máis destacados e con numerosas exposición individuais e colectivas, nacionais e internacionais ás súas costas. E as que están por vir.

14 may 2021

Otero Pedrayo, por Baldomero Moreiras

Sentaron as bases do desenvolvemento científico e cultural da Galicia do século XX. A partires do 23 de maio, La Región entregará co exemplar do día e durante dez semanas, nove retratos de membros senlleiros da Xeración Nós, captados coa mirada do século XXI da man de nove artistas contemporáneos. Unha visión que se enriquece pola súa gran diversidade.