18 dic 2013

O Instituto Chamoso Lamas acadou a Carta Erasmus

O Instituto Manuel Chamoso Lamas de Carballiño ven de acadar recentemente a Carta Erasmus para Institucións de Educación Superior, con vixencia para o período 2014 a 2020. Deste xeito, o centro poderá ser beneficiario da totalidade das accións dos Programas Europeos para a Formación, e fundamentalmente do programa Erasmus+, evolución dos anteriores Leonardo e Ereasmus, dirixidos específicamente á Formación Profesional e ós estudios universitarios. Co proxecto do presente curso, 'Carballiño en Europa', serán cinco alumnos os que se poderán beneficiar das prácticas no estranxeiro.

16 oct 2013

O Chamoso Lamas introduce a fotografía no ámbito escolar

O Instituto Chamoso Lamas do Carballiño é o único da provincia de Ourense que foi seleccionado para participar no programa 'Fotografía en curso', que se realiza en colaboración co Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI). Son en total oito centros de toda Galicia os que se benefician desta iniciativa cada ano. A través deste programa, no que participan oito departamentos do centro, preténdese introducir a fotografía como unha ferramenta educativa e potenciar a capacidade creativa do alumnado, así como a mellora do seu rendemento escolar e formación, obxectivo común a todas estas iniciativas.