17 may 2021

Ana Barxa: “Rosalía perdurará e temos que facer o posible para que o galego tamén"

Ana Barxa Cid, Jonathan Carreira e Sara del Río Seoane son os tres galegos que participan con "O camiño cara a emigración de Rosalía" na XI edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Ana Barxa, natural da vila alaricana, é a representación ourensana neste festival. A súa parcela inaugurouse horas antes da conmemoración do Día das Letras e nela pódese escoitar, na voz de Amancio Prada, o "Adeus ríos, adeus fontes", un dos poemas máis recoñecidos de Rosalía de Castro e incluído en Cantares Gallegos, publicado un 17 de maio de 1963 -efeméride escollida para celebrar, cada ano, o día da lingua galega-.