21 feb 2021

Manuel Seoane, máis alá das lendas

A Raíña Loba é o nome do libro de Manuel Seoane que acaba de ver a luz. Trátase da terceira entrega de libriños destinados ao público infantil que edita o Centro Popular da Limia, en colaboración coa Deputación de Ourense e o Museo da Limia, na súa área de publicacións e que ten na Revista Lethes, con máis de 20 anos de historia, un referente. Unha lenda que merece a pena ser descuberta ou redescuberta para que as novas xeracións a sigan perdurando no tempo.