PLAYAS CERCA DE OURENSE
Dos refugios naturales de Galicia: el paraíso surfero de Ferrol y la ribera estival de Verín
APOSTA POLO RURAL
A Casa da Cultura verinense converterase o vindeiro xoves, 14 de maio, no epicentro do talento local coa celebración da xornada “Impulso local: emprendemento e igualdade en rede”. Esta iniciativa, organizada polo Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Verín en colaboración con Aever, Medrando Xuntas, Femuro e Portas Abertas, busca poñer en valor a diversidade do ecosistema empresarial da comarca.
O evento terá lugar de 10,00 a 14,00 horas e porá o foco en proxectos liderados por mulleres, homes, parellas, emigrantes retornadas e novos emprendedores que apostan pola remuda xeracional. O obxectivo é visibilizar referentes reais do territorio e destacar o potencial dun tecido empresarial plural.
Primeiro haberá unha mesa redonda con casos de éxito locais con profesionais de diversos sectores, como Lorena Parada de Rincón Mágico de Épona; o viticultor José Luis Mateo de Quinta da Muradella; os deseñadores Cristina López e Guillermo Insua de Unouno; Jaime Vispo de Telas Julia; Elena Tourón da tenda Ugli; Hilda Fernández da Academia A Tempo e Jane Liz de Coeducontando.
A continuación, intervirán entidades locais que traballan a prol do liderado feminino e o impacto social. A xornada rematará cunha sesión de “networking” e un aperitivo. Para asistir cómpre inscribirse a través da web do Polo, e os seus responsables sinalan que quedan xa poucas prazas dispoñibles.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PLAYAS CERCA DE OURENSE
Dos refugios naturales de Galicia: el paraíso surfero de Ferrol y la ribera estival de Verín
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Tres heridos trasladados al hospital tras una salida de vía en la A-75 en Verín
HELICOPTERO MEDICALIZADO
Muere una mujer de 66 años en Verín tras caerse de un caballo
SIN PISTAS DEL COMPRADOR
Gastó un euro en la Bonoloto en Verín y se llevó 1,2 millones
Lo último