Cento cincuenta anos sen privilexios
AGENDA
Rodríguez Cruz presenta no Liceo "O Couto Mixto. Aspectos folclóricos", unha recopilación das lendas e toponimias deste particular territorio
Conta a lenda de O Couto Mixto que unha raíña, na Baixa Idade Media, fuxía dunhas persoas que querían atrapala. Chegou entón a área que formaban as actuais aldeas de Rubiás (Baltar), Meaus e Santiago (Calvos de Randín). "A xente que naquel momento habitaba a zona acolleron á monarca e, en pago por axudala, ela concedeulles os privilexios dos que gozou O Couto Mixto, como non pagar tributos a España nin a Portugal, comercializar calquera produto e o dereito dos mozos a non seren alistados nos exércitos de ningún español ou luso. Isto foi ata 1868, cando o Tratado de Lindes se aplicou e esta zona de case 3.000 hectáreas foi repartida entre os dous países". Esta historia, e moitas máis sobre o contrabando, a Santa Compaña ou o Camiño Privilexiado, un carreiro polo que circulaban mercadorias e persoas con total liberdade, están recollidas no libro "O Couto Mixto. Aspectos folclóricos", de José Rodríguez Cruz (A Gudiña, 1956), membro da Asociación Amigos do Couto Mixto. A obra será presentada esta tarde ás 20,00 horas, no Liceo polo autor, Xosé González Martínez e Luis García Mañá.
Sempre interesado pola etnografía, este policía nacional comezou a recopilar as testemuñas dos veciños desta zona do sur de Ourense, co obxectivo de coñecer máis a fondo a historia do Couto Mixto, aínda que había historias que xa sabía, como a "existencia dun xuíz e de tres de acordo, cada un dos cales representaba a unha das aldeas. Eu tiña toda a documentación recollida xa a comezos dos 2000 -contos, lendas, toponimia-, pero agora, cando se cumpren 150 anos da demolición desta zona privilexiada, este é unha das homenaxes que quería facerlle", explica Cruz, que no ano 2009 foi elixido xuíz de honra do Couto. A celebración deste aniversario será o 7 de xullo en Santiago de Rubiás a partir das 12,00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
REANIMACIÓN IMPOSIBLE
Muere una persona debajo de una máquina de maíz en Dumbría
EL CONDUCTOR, HERIDO
Un menor herido y trasladado en Monterrei tras ser atropellado por una furgoneta