O Instituto Chamoso Lamas de Carballiño fomenta o emprendemento

photo_camera IES Chamoso Lamas
A III Xornada de Emprendedores contará co relato de varias experiencias persoais

O IES Chamoso Lamas do Carballiño celebra hoxe a III Xornada de Emprendedores, na que o obxectivo fundamental é dar a coñecer ao alumnado todo tipo de iniciativas empresariais. Trátase dun proxecto educativo para o fomento da iniciativa emprendedora

A programación inaugúrase ás 9,30 horas a cargo do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, que dará paso seguidamente a  Javier Pegito Pérez que falará sobre o Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego do Carballiño.

A continuación, Noelia Rodríguez e Alba Ferro intervirán en representación da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE de Ourense); mentres Alberto Blanco asistirá por Sogarpo.

Despois dun breve descanso, de 11,20 a 12,30 horas, abordaranse varias experiencias en primeira persoa, contando con Marcos Otero, da Cooperativa Loureiro (O Irixo); Gonzalo Rodríguez Álvarez, de Arestora Xestión e Asesavie Xestión, e Enmanuel González Hermida, do taller mecánico Irixo.

Neste encontro de emprendedores, os alumnos do IES Chamoso Lamas terán a oportunidade de escoitar as experiencias dos distintos relatores e de diferentes sectores económicos, xa que abarcan desde un taller a unha cooperativa ou unha xestora. Ao mesmo tempo, accederán á información sobre o funcionamento e obxectivos de entidades como o polo de emprego, que ten a súa sede no Carballiño, ou de Sogarpo.

Te puede interesar