INCENDIO
Arde una casa en Rairo, Ourense
Aquellas pandillas
Este é o primeiro equipo de béisbol de Ourense, que resultou subcampión de Galicia. Fila superior: José, Manolo (encargado de ceder a imaxe), Edi e Toño.
Fila inferior: Eloy, Vitín, Geni, Vicente e Álvaro. Agachado: Jhon (Laudino) que acababa de vir dos Estados Unidos e foi quen lles ensinou este novo deporte, que moitos deles nunca víra).
O equipo de béisbol, o primeiro de Ourense, xurdíu baixo o patrocinio do Athlos, tendo a súa sede no antigo Instituto Masculino (o actual IES Blanco Amor) do que todos eles eran alumnos. A maioría dos membros pertencían á pandilla do Cruce de Piñor (final da rúa Marcelo Macías) e ían entrenar asiduamente con toda a ilusión do mundo ao campo da Chaira en Parada de Piñor.
A foto corresponde a final galega cadete disputada no campo de fútbol do Club Santo Domingo, quedando subcampións o cal para eles lles supuxo un gran éxito e recibiron os parabéns de todos aqueles que os coñecían.
Como eran o único equipo ourensán, sempre se clasificaba para a fase final que soía ter lugar en Vigo ou en Lugo. Foi no ano 1977 cando, a única vez, se disputou en Ourense. Chegaron a ir a competir a Lugo, sen hotel, durmindo no autocar... Iso si que era amor polo deporte!
Foto cedida por Manuel Álvarez Cruz. Con ela achéganos a unha etapa da súa mocidade na que deporte e amizade camiñaban da man. Recordos fermosos cunha manchea de anécdotas.
En próximas semanas
Envíanos tu pandilla
con su historia, anécdotas, el quién es quién... a
vida@laregion.net
La Región, Polígono David Ferrer, calle 4, 32901, Ourense
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCENDIO
Arde una casa en Rairo, Ourense
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto