Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Otra vez se vuelve a hablar del Festival del Miño
A Oriente Medio enfronta transformacións de grande calado que poderían alterar radicalmente a súa composición pluralista. Segundo autores como Patrick Cockburn e Charles Glass, o apoio tácito de Israel, Estados Unidos e os estados do Golfo ás forzas xihadistas en Siria ten implicacións devastadoras para a estabilidade e diversidade da rexión. A cambio de debilitar a Hezbolá e reducir a influencia de Irán, as potencias sunnís parecen dispostas a aceptar a consolidación dun “Gran Israel” e a aniquilación da causa palestina e das comunidades chiís e cristiás en Siria e no Líbano.
Os ataques israelís e estadounidenses contra a infraestrutura siria facilitaron o avance de grupos como Hay’at Tahrir al-Sham (HTS), considerado unha organización terrorista polos Estados Unidos e a UE. Porén, preséntase agora nos medios occidentais como unha alternativa lexítima, a pesar do seu pasado vinculado a Al Qaeda, ao radicalismo do seu líder Al-Jolani que se mostra hogano como moderado incluso despois de que a CIA valorase o sús captura en 10 millóns de dólares ou a financiación de EEUU de 500 millóns ás forzas rebeldes sirias.
Esta narrativa encubre as consecuencias do sectarismo imposto polo salafismo, financiado desde o Golfo, que está a desposuír a rexión.
Siria e o Líbano eran baluartes de convivencia, onde coexistían sunnís, chiís, cristiáns e alauís. Porén, a guerra e as divisións sectarias alimentadas por actores externos están a destruír este legado. En Alepo, por exemplo, impóñense estritas regras salafistas como a eliminación de símbolos cristiáns. Paralelamente, en Israel, Ilan Pappé describe o xiro cara a políticas máis excluíntes e un apartheid consolidado contra a minoría árabe.
Na mesma liña, o historiador Peter Frankopan subliña que estas divisións son unha ferramenta recorrente das potencias coloniais para dividir e dominar. O que estamos a presenciar, é un Oriente Medio redeseñado baixo un pacto implícito: o sacrificio de Palestina e do pluralismo a cambio da hexemonía sunní-salafista e israelí, perpetuando unha política de supremacismo relixioso e étnico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Otra vez se vuelve a hablar del Festival del Miño
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Momentos de incertidumbre
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Un mundo de pícaros
La Región
Deslealtades
Lo último
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Fillos da máquina
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
La princesa ilustrada
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 6 de mayo
DERROTA 1-0
El Atlético dice adiós sin coraje en semifinales