La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles
Na gran maioría deles non ten lugar ningún tipo de altercado, e aqueles nos que se producen, moitas veces magnificados por algúns medios de comunicación, son sempre xerados por unha minoría que coa lexislación vixente 'na man' son castigados pola Xustiza. Pois ben, a última ocorrencia de Rajoy e 'a súa tropa', é reformar o Código Penal para que se considere delito de atentado a resistencia pasiva, e delito de pertenza a organización criminal a convocatoria a través de calquera medio, incluída a rede, de actos que alteren a orde pública.
Pero, qué entendemos por resistencia pasiva? É unha forma de protesta que ten detrás toda a teoría do movemento pacifista, base da filosofía de Gandhi e seguida por históricos na loita dos dereitos humanos como Marthin Luther King. Consiste básicamente na desobediencia civil dentro dos límites da non violencia; por exemplo, permanecer sentados nunha praza ou facer cadenas humanas como signo de protesta. Entonces, ¿consideramos tamén a Gandhi e a Marthin Luther King delincuentes?
A mensaxe é clara, ante os maiores recortes no Estado de Benestar que recordamos neste país, o Goberno pretende infundir medo na cidadanía. O seu obxectivo é frear as protestas e controlar aos colectivos sociais para que permanezamos cómodamente sentados no sofá mentras eles destrozan todo o que tantos anos e esforzo nos costou construir. Agora so queda por saber cál vai ser a nosa resposta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
La Región
Gestiones en el concello
La Región
El verano que nos está matando
Lo último
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto
Julia Navarro
Madres, padres