La Región
Recuerdo, César, que eres mortal
Amig@, o día 25 de novembro de 2017 Eligio Rivas recolleu o I Premio "Pedra Alta", outorgado polo Padroado do Museo Etnolóxico da Limia. Felicitamos a Delfín Caseiro e ós demais membros do Padroado, porque souberon elexir o galardoado, un home "dunha calidade humana e altura intelectual indiscutibles, que tanto ten feito pola cultura de tódolos limiaos".
Hai anos que indiquei ó Goberno Municipal de Xunqueira de Ambía que sería un honor para tódolos xunqueiranos recoñecer Fillo Predilecto do Concello a Don Eligio Rivas, quen tiña sido galardoado co premio "Otero Pedrayo" en 1980 e a "Medalla Castelao" no ano 2000.
Durante os primeiros anos da miña feliz estancia en Allariz, alimentei o meu cariño a Galicia, bebendo nas augas limpas e profundas dos libros, folletos e artículos de Don Eligio; durante os trece anos dos meus servicios en Abeleda, Armariz e Xunqueira, as miñas conversas con Eligio reviviron en min a lectura dos escritos do humilde sabio.
Eligio viaxou por Galicia, España, Europa e América. Estudiou en galego, castelán, catalán, italiano, portugués, italiano, francés e inglés. Bebeu literatura, filosofía, teoloxía, historia e filoloxía. E acariñou, sempre, a terra que o viu nacer, porque, como nos lembra no seu libro "A Limia": "A raíz do toxo verde/ é moi mala de arrincar/ os amoriños primeiros,/ os amoriños primeiros,/ son moi malos de olvidar".
Amig@, polo berce de Eligio, pola súa traxectoria, polos seus escritos, polos seus amores, pola súa bondade… reiteramos ó Goberno Municipal de Xunqueira de Ambía que ten unha longa débeda con este fillo desa nobre terra, con este xigante da ciencia e da bonhomía; reiteramos que sería un honor para tódolos xunqueiranos (e para min, que o fun) recoñecelo públicamente como Fillo Predilecto do Concello. E atrévome a dicir ó Sr. alcalde e ós concellais de Xunqueira que non poden ter mellor remate (tamén para min, que tamén as impulsei) as importantes obras de restauración que se están levando a cabo no corazón da vila.
Noraboa, amigo Eligio, home sabio e xeneroso; presencia do futuro e do pretérito da nosa terra; "Pedra Alta" da Limia; pedrafita do Monte Medo; honor de Fondo de Vila; mestre integral coma Vicente de Paúl, evanxelizador actual coma os paúles da Cruz Alta en Ourense e os paúles dos Milagres en Baños de Molgas.
Gracias e noraboa ó Padroado do Museo da Limia por otorgar o I Premio "Pedra Alta" ó Doutor Don Eligio Rivas Quintas. Gracias e noraboa a Xunqueira de Ambía porque pronto (máis vale tarde que nunca) nomeará Fillo Predilecto do Concello a Don Eligio Rivas Quintas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
Recuerdo, César, que eres mortal
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Responsabilidad y trabajo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Peinar canas
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Libertad de expresión
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
CIENCIA EN OURENSE
Del espacio al microscopio: la ciencia en Ourense tiene rostro de mujer
PARTIDO COMPLICADO
Espiñedo y el Arenteiro esperan al intratable líder Tenerife