Eu son basura sindical

Publicado: 26 nov 2026 - 04:40

As persoas e organizacións que loitamos contra a ditadura fixemos un país no que cabemos todos pensemos o que pensemos que é un país con democracia, parece ser que ata agora.

Unha desas organizacións entre outras foi CCOO que coa súa loita constante e coa negociación acadou acordos importantes que van máis alá da mellora das condicións de vida dos traballadores ,repercutindo no conxunto da sociedade.

Dende a miña situación de xubilado despois de toda a vida afiliado a CCOO quero dicir publicamente que me sinto orgulloso de recoller as descalcificacións polo traballo feito

Pois ben nesta etapa na que a deshumanización de dirixentes políticos como Pedro Sanchez,( é habitual chamarlle hijo de puta), agora toca retomar a campaña de descrédito das organizacións sindicais con palabras como mafia, basura, come gambas e outras lindezas, sendo a primeira que utilizou estas verbas Ayuso, instando a que Nuñez Feijoo acabe con esa basura se chega o goberno, ó que parece ser este amosou o seu dispor.

Dende a miña situación de xubilado despois de toda a vida afiliado a CCOO quero dicir publicamente que me sinto orgulloso de recoller as descalcificacións polo traballo feito e o mesmo tempo dicirlles a Ayuso, Tellado e Feijóo que non se confundan, os sindicatos son a organización social con máis estrutura en toda España e polo tanto digo alto e firme que nin descualificacións nin insultos e nisto os medios de comunicación ten un papel moi importante, e iso agardo.

Paco Magide

(Ourense)

Contenido patrocinado

stats