La Región
CARTAS AL DIRECTOR
El manantial del diálogo
Un ano máis contamos nas nosas festas cunha feira medieval e un ano máis quero voltar a remarcar a gran idea que representa esta iniciativa nunhas festas para unha vila coma Ourense. Pasarrúas e postos diversos con animacións que convidan a xente a sair das súas casas e aos veciños das vilas colindantes a achegárense á capital.
Pero un ano máis tamén quero incidir na orixe foránea de (case) tódolos postos e animadores do evento. Este ano, para máis inri, espoleado pola muda no nome da feira a galaico-portuguesa. Non sei moi ben se pola vergoña que lle debería dar a Cultura ou Turismo facer este tipo de festas desta maneira ou ben, se por disimular un pouco seren a "Capital Cultural" do Eixo Atlántico e subcontratar as festas a unha empresa de eventos castelá.
Así que, xa que é galega, por ter lugar no país, pero os feiranteS son todos de fora, para o vindeiro ano espero outro cambio de nome, xa que desisto de pedir que se contraten artesáns e artistas locáis e do ámbito galego e portugués, e unha gran faixa na Praza Maior nos anuncie a Gran Feira Galaico-Cordobesa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
El manantial del diálogo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Cinegética y pesca
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Europa en el andén
La Región
Grandes mujeres
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 7 de julio
PASO A PASO
Sarpullido por calor: qué es y cómo aliviarlo