La Región
Lo que vemos
As décadas dos anos 70 e 80 foron quizais cando máis naceron estes, era o que había a maioría da mocidade usabamos o chamado método de “Ogino”, para ter relacións sexuais, máis ou menos seguras aínda que como é normal bastaba con ter un pequeno erro e de súpeto es pai ou nai sen poder evitalo.
Aínda acababamos de saír da Ditadura e non existía a agora famosa pastilla do “día despois”, nin os métodos anticonceptivos e abortar en España nin de broma, aínda que había xente máis informada que os mozos, de feito por 20.000 das antigas pesetas moita xente con diñeiro (cousa que non abundaba) podía permitirse o entón luxo de gastar ese diñeiro indo a Portugal a Dr “X” (Especialista en Doenzas de Mulleres). O certo é que nesa época naceu unha gran xeración dos que denominou fillos/as de “Ogino” e houbo moitos matrimonios case forzados, os que a maioría hoxe en día, están separados ou divorciados.
Unha cousa é certa desa xeración dos fillos/as de “Ogino” non foi unha xeración perdida, a maioría rematou unha carreira ou esta traballando, obviamente refírome aos que eu coñezo sobre todo na “Península do Morrazo”.
Dende os anos 90 todo cambiou a mocidade conta con toda a información que necesita para non cometer os mesmos erros porque non é menos certo que naquela época, moitos pais e nais desa xeración perderon o poder acabar os seus estudos e carreiras, a casar e ter que poñerse a traballar para sacar adiante aos fillos/as desa xeración.
Agardo qué esta nova mocidade non cometa o mesmo erro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último