La Región
Justicia y equidad
É o meu desexo, en aras á realidade, puntualizar un par de afirmacións do artigo de D. Álvaro Vila Araújo –secretario provincial do PSdeG-PSOE-, onde me nomea persoalmente e opina sobre un anterior artigo meu, –“¿La economía del cohete?”-, e que obxectivamente non son certas:
-Cando D. Álvaro afirma, que “os proxectos Daredo e Deputrans, de depuradoras rurais, revelou diversas irregularidades…, que obrigaron a devolver máis de de 10 millóns de euros de fondos europeos”, sinto ter que contestarlle que é falso de toda falsedade; ou, se se entende mellor, dicir que a Deputación de Ourense non tivo que devolver nada de nada, como se pode acreditar nos servizos de Intervención da Deputación.
-Cando D. Álvaro afirma que “o Inorde constitúe un exemplo paradigmático de institucionalización estéril…”, facerlle saber que se por estéril se entende que o total das anualidades 2023-2024 de ingresos externos do Inorde foi de 1.463.949 euros; máis os proxectos europeos xestionados polo persoal do Inorde, liderados e cofinanciados pola Deputación de Ourense, xa aprobados, e que ascenden a 4.599.250 euros (PST Ourense Termal 2021+PST Ourense Colle Velocidade, Vilas Históricas Termales 2023), ogallá sexa sempre así o sentido da esterelidade.
-Todo o comentario político a maiores, saben ben os lectores de La Región facer a valoración ao respeto.
Rosendo Fernández (Ourense)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
BALONCESTO FEMENINO
El primer brindis de Suso Garrido por el Ensino
PROGRAMA SEMANA SANTA
Magia, religión y cultura en la Semana Santa de Ribadavia