O zapateiro do Couto

Publicado: 18 ago 2016 - 13:12

Coñecín a Antonio Pérez Valcarcel polo ano 55, recen chegado ó barrio da Fundición para rexentar un pequeno local onde arranxaba zapatos.

O taller ocupaba xustamente o "oco das escaleiras" do portal dunha casa da rúa de Ervedelo e situado entre "o Café do Manolo e Milagros" e a "Tenda do señor Manuel".

Había nel somente unha pequena mesa ocupada polo zapateiro e o seu axudante, unha estantería pra coloca-los zapatos arranxados, unha lixadora para puli-las suelas, pegadas e recortadas previamente coa "cuchilla" e o fondo, na parte máis alta, un pequeno almacén. Cecáis máis importante que o arreglo dos zapatos era a labor social que alí se levaba a cabo.

Tertuliáns de distintas profesións dabanse cita alí, a andaluza "Lola", vendedora de periódicos, o "andaluz Xoan, tendeiro; "os pescantins"; "O Manolo", cabeteiro; "O Cundino", repartidor de mercancias; "O Lolo" Rios, empregado da droguería Bayón, e coma non, os rapaces de quince anos que acudíamos alí atraidos polos calendarios que tiña colgados rapazas novas en traxe de baño, ou tamén para obter algunha información que non nos atreviamos a pedir na casa.

Antonio era un dos trece irmáns da familia Pérez Valcárcel, nacidos xunto o campo de fútbol do Couto. Ademáis de zapateiro era tamén "pescantín" e, coma todos os do ramo as veces exeraba, non só no "tamaño" do peixe senón na "cantidade". Sempre disposto a colaborar nas ceas que tiñan lugar no "Bar Pucho" onde asistían veciños do barrio e entre eles o meu pai, Juan "O andaluz".

Antonio, moi boa persoa, querido de todos, amigo dos amigos e integrado no barrio como o primeiro, tivo a desgraza de perde-la sua dona fai somente un mes, agora xa está con ela.

Para os seus irmáns e sobor de todo para os seus fillos, o máis sentido pésame e o meu agradecemento que para min supuso o trato con Antonio.

Contenido patrocinado

stats