INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
A Asociación de Empresarios de Verín (Aever) amosa o seu apoio ó Festival Internacional de Curtametraxes (FIC) Vía XIV coa posta en marcha dunha acción promocional do festival en diversos establecementos da vila. Como en edicións pasadas, os comerciantes de Verín engalanarán os seus escaparates con motivos relacionados co cinema no marco dunha iniciativa promovida por Aever en colaboración co FIC: o concurso “Escaparates de cine”.
Os tres mellores escaparates serán premiados con 150, 75 e 50 euros respectivamente, que se coñecerán o 4 de setembro. Os participantes deberán dispoñer dende o 22 de agosto e ata o 4 de setembro os seus escaparates con motivos relacionados co cinema, ademais de ter visible o distintivo de participación no concurso facilitado no momento da inscrición, cuxo prazo límite remata o 16 de agosto ás 14,30 horas.
Máis alá deste concurso que encherá as rúas de Verín da maxia do cine, a organización do FIC distribuirá unha serie de bonos desconto entre os establecementos adheridos a Aever, que poderán ser trocados nas entradas para as proxeccións das sesións oficiais ou das actividades paralelas.
“Os comerciantes e empresarios de Verín sempre están aí apoiando a iniciativa e un ano máis imos contar co seu apoio para difundir e comunicar o noso certame entre a poboación”, apunta Carlos Montero, director do festival de curtas verinés, sobre a implicación da asociación de comerciantes e os seus socios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
EL PRIMER CAFÉ | Martes, 23 de diciembre
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
El Archivo Llanos de Ribadavia y las fotos de la campaña de África
LOTERÍA DE NAVIDAD
El Gordo esquiva Ourense, que jugó como nunca y perdió como siempre