INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
O Entroido de 2023 de Verín xa ten imaxe oficial: unha peza na que o personaxe central é a coñecida Elenita, raíña do Entroido verinés, acompañada de rostros coñecidos deste ciclo festivo. Todos estes rostros, de mulleres. O cartel ilustrador de esta edición é obra do deseñador e arquitecto de interiores Iago Blanco.
O artista verinés, acompañado por Emilia Somoza, edil de Cultura, Educación e Festexos, presentou onte no Auditorio de Verín esta peza, unha “homenaxe ás mulleres entroideiras”. Así o explicou Blanco de la Parra: “O concepto principal desta obra é a exaltación e homenaxe da muller no Entroido de Verín a través da figura da raíña Elena e algunhas das mulleres máis representativas da vila”.
Deste xeito, no cartel pódese apreciar como a raíña chega a praza mentres é acompañada polos cigarróns e recibida polas mulleres de Verín, así como polos homes que se intúen ao fondo coa fariña. “Só se es de Verín ou asiduo desta festa podes recoñecer estas personaxes típicas do Entorido, no que por momento o cartel parece semellarse ao famoso libro de ”Onde está Wally?”, explicou Iago Blanco mentres observaba a súa creación.
Respecto á técnica empregada para a execución deste cartel destaca que está feito con técnica dixital, conseguindo a base de manchas de cor unha imaxe figurativa.
Pola súa banda, Emilia Somoza quixo felicitar publicamente ao autor do cartel polo seu gran traballo, destacando do mesmo “a gran capacidade que tivo o artista de sintetizar nunha soa imaxe a forza e os elementos identitarios máis representativos da nosa festa máis senlleira”, como son a raíña do Entroido, as mulleres que a acompañan -Luisina, Mamú, Modesta…-, a fariña, os cativos disfrazados e os cigarróns, entre outros detalles que “haberá que observar detidamente para descubrir”, conclúe a concelleira.
Agora, o Concello de Verín ultima a programación -sen restricións- para a semana de Entroido, a que darán a coñecer “máis pronto que tarde”, sinalan dende a corporación municipal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
PROPUESTAS INTERNACIONALES
Allariz selecciona los mejores jardines para su edición más libre
SEGUNDA FEDERACIÓN
La UD Ourense quiere acabar el año con victoria
La Región
Tiranías
La Región
Escola do rural e infancia