Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Teño unha filla pequena e máis un neto maior. A miña filla é avogada e o neto o mesmo acábao séndoo. Ter teño dúas fillas máis e outros tres netos. Pero os únicos que decote falan comigo en galego son estes dous. Os dous viven na capital política española. Ela é galega de nación, el naceu en Madrid. Quere isto dicir que ela medrou ó meu carón e me escoitou falar sempre en galego, así que non é sorprendente que o fale. El vive no seo da súa familia na que non é habitual, nin moito menos, o uso do noso idioma. Un día, antes dos seus actuais quince anos, despachouse dicíndome: Avó, quero falar galego, que fago? Vivindo en Madrid, pensei, a ver que lle digo eu e respondinlle: le, le en galego. Entón reparou en min cunha ollada que eu sospeitei escéptica, pero ante a miña sorpresa respondeume: Vale.
Á volta duns meses, Paulo (Pablo no seu DNI, pero Paulo no meu corazón) descolgouse falando en galego comigo por teléfono. De vez en cando carteámonos por vía Internet a conta dos meus artigos nos xornais. Ten a forza dos seus quince anos, a enerxía toda que a sociedade necesita, o que quere dicir que, xunto coa súa tía máis nova, son da familia os que máis espabilan e axitan o meu pensamento, xa algo enferruxado á altura dos meus anos. Pero eu non quería falarlles diso.
Do que quería falarlles, antes de encher este espazo dos mércores, é de que o meu neto non me dixo nunca que o meu galego sexa "duro". Nunha me reprochou, por exemplo, que dixera toro en troques de dicir "rodaxa" coma fixo unha empregada dun supermecado cando lle pedín que non me servise torado un fermoso e suculento pargo que habería tomar feito na grella. Falar en galego, ou facelo en castelán, é nin máis nin menos ca un exercicio de vontade, coma a do meu neto, unha determinación cordial, acaso tamén un proceso educativo, que non todos senten e que faio que se encamiñen, libremente, a facelo nun idioma ou a se expresar noutro. Pero os dous son o mesmo de respectables e os seus usos non os ditan as leis senón os corazóns dos cidadáns.
Por iso os pais teñen, e tamén os avós, non sempre, claro, e tampouco non ten por que ser sempre así, fillos e netos que non é que os queiran máis a eles ca os outros, pero si que teñen unha certa proximidade afectiva con eles que estes establecen sen que saibamos explicar como. Unhas veces porque falan en galego, porque o fan en castelán noutras tantas. Por iso todo é cuestión de desexar un tipo de convivencia ou outra. Que cadaquén fale no que lle pete, pero que non perda a capacidade de escoitar ó outro. Pero algo debe pasar cando, por estes nosos lares, seguimos dicindo tarteira e colo, esmagar e perrera, “no doi hecho” e palabras de uso tan habituais coma estas cando nos expresamos en castelán, acaso porque atinxan non sei se ós afectos ou á memoria. Ou a un e a outra, directamente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
EL PRIMER CAFÉ | Sábado, 13 de diciembre
SIN SANCIÓN PARA LA TRABAJADORA
El juez anula la sanción que impuso el Colexio da Avogacía de Ourense a una empleada
54 GARAJES EN TODA LA CIUDAD
Locura por los garajes: el precio llega a 50.000 euros en Ourense