Esta é a mensaxe de Touriñán para os mozos galegos
Educación
O actor e humorista protagoniza o vídeo realizado pola Consellería de Educación ante o regreso ás aulas
Coa volta ás aulas do alumnado de ESO, Bacharelato e FP, as escolas e institutos galegos recuperaron a súa actividade nun atípico curso escolar marcado pola covid. Co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre esta nova realidade, a consellería de Educación publicou un vídeo no que baixo o título "Volta á escola con sentidiño" recordan as pautas básicas a seguir no día a día. O actor e humorista Xosé Antonio Touriñán é o encargado de recordarlle aos mozos galegos una serie de consellos básicos:
- Revisar os síntomas antes de saír da casa. En caso de ter tos, febre, malestar xeral ou dificultade para respirar débese quedar na casa, chamar ao médico e ao centro escolar.
- Levar sempre dúas máscaras homologadas
- Usar cada día o mesmo espazo persoal: mesas, cadeiras... Así como non compartir o material escolar, máscaras ou comida con outros alumnos
- Gardar as distancias de seguridade co resto de compañeiros, así como evitar as aglomeracións
- Importancia da hixiene. Lavar as mans mínimo 5-6 veces ao día
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENERGÍA Y TRANSPORTE
Alerta en sectores clave de la economía gallega a causa de la guerra
"EXIGENCIA DE RESPONSABILIDAD"
La Xunta reclama a Madrid el gasto derivado de los pélets
Lo último
MARTA ORTEGA COBRA UN MILLÓN
Gráfico | Inditex logra beneficio récord de 6.220 millones en 2025, un 6% más, con ventas de 39.864 millones
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Avenida de Portugal, la trinchera infinita