A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
ADQUISICIÓN DE VIVENDA
O Concello de Laza adquirirá a vivenda nº 6 da Praza da Picota para rehabilitala e convertila nun museo etnográfico e interpretativo, dedicado a dúas das manifestacións culturais máis singulares e identitarias lazás: o Entroido e a Festa do Santo Cristo.
O museo documentará e difundirá estas tradicións, garantindo a súa transmisión e reforzando o atractivo turístico de Laza.
A compra do inmoble levarase a cabo cun préstamo de 80.000 euros, sen xuros, do Fondo de Cooperación da Xunta para municipios de menos de 50.000 habitantes. O alcalde lazao, José Ramón Barreal, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, asinaron o convenio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
PATRIMONIO CULTURAL
Laza afondará na Morena, figura clave do seu Entroido, cunha charla monográfica
Lo último