Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Case sempre que escoito falar da fe teño a sensación de que poucos coñecen a súa definición. Non me refiro a diferentes sinónimos ou acepcións que podamos darlle. Estou a falar da simplificación relixiosa que fan algúns dicindo que a fe é crer o que non vemos. Falamos máis de perder a fe, que de ter fe en algo. Non temos fe no tempo futuro, nen na melloría das cousas. Non temos fe no cambio positivo das persoas e xa queda pouca fe na terra. Buscamos a fe no plano da espiritualidade pero case sempre se pospón o tema para outrora.
A fe é un concepto ben definido pero pouco divulgado. O autor da “Carta aos hebreos” fala da fe en todo o capítulo 11, con exemplos ao longo da historia sagrada. Así a certeza e a esperanza forman parte integral da fe. Non se reduce a unha simple crenza baseada na imaxinación das persoas. A fe ven polo ouvir, e ao ouvir a Palabra de Deus. Se escoitamos antes ás persoas que a Palabra de Deus a nosa fe non ten valor ningún. Pero por desgraza, por abuso da linguaxe, identificamos acreditar en alguén con ter fe nesa persoa. Son parámetros distintos e ao mesmo tempo complementarios no caso de Deus. Acreditamos nel se temos fe nel. E sen fe é imposíbel agradar a Deus, porque é preciso que o que se achega a él, acredite na súa existencia. Esa existencia e tan evidente como indemostrábel e a propia Biblia non perde o tempo en tentar demostralo. Simplemente o da por suposto. E resulta curioso que todos os que tentaron demostralo teñen fracasado, pois dependía dunha fe que deixaron fora dos seus argumentos.
Se a fe move montañas non é maior en cantidade da que non as move. Esta expresión metafórica significa que a calidade de fe depende de cadaquén que a exerce. Non se refire á cantidade. O mellor exemplo é a semente do grao de mostarda, de gran cualidade que sendo a máis pequena de todas as sementes, nace dela unha árbore na que as aves poden facer niños. Con esa fe auténtica o poder de realizar cousas non se limita a ter superpoderes terrenais, máis ben quere falarnos das espirituais. Con todo, a maior fe neste mundo non é máis que un ruído intenso, se falta o amor.
Moitos perderon a pouca fe que lles quedaba cando a relixión pasou polas súas vidas. A relación coas relixións fixo que pensaran nun Deus vingativo, oscuro e sancionador. Despois desa experiencia, acolléronse ao novo termo chamado agnosticismo. Un eufemismo do ateísmo de sempre, pero que soa mellor. En fin, penso que podemos rematar coa definición que comezamos e non enunciamos: “A fe é a certeza do que se espera e a convicción do que non se ve”. Esa fe é o instrumento para alcanzar a graza de Deus. Esa mesma fe non pode ser teórica e ten unha parte práctica que se manifesta cada momento das nosas vidas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva