Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El récord Guinnes que espera Lugo
Para manter, coidar e defender ao medio ambiente cómpre ter xeito, idea e método. Cómpre ter sensibilidade e moito interese por defender, en primeiro lugar os intereses públicos, os de todos, os da veciñanza, os dos que se foron e os dos que volven ou veñen. Nos intereses de todos están, obviamente, os nosos, que tamén son vosos. Madía leva!
Seguindo co son dos tempos e para que se vexa ou se pense que hai interese dende o Goberno polo medio ambiente, a Xunta de Galicia, a través da páxina Web de Sogama, das redes que manexa e mesmamente a través dos medios de comunicación, fai pública a necesidade de practicar hábitos responsables da cidadanía, entre eles, a procura da redución “da produción de residuos, minimizar o desperdicio alimentario ou aforrar auga e enerxía”.
Aí queda iso! Dito desa maneira, aí queda e cadaquén que pense como queira. Faise público un decálogo para fomentar as boas práctica medioambientais e para que a cidadanía respecte e protexa, fronte ás adversidades, ao medio ambiente, durante estes meses de verán cálido e de calor duradeira.
As botellas de plástico enchen os mares e os océanos, e os científicos advirten que para o ano 2050 haberá nas augas máis plástico que peixes
Trátase de concienciar á cidadanía sobre a importancia de “poñer en práctica pequenos xestos que levan asociadas grandes recompensas”, como a minoración da produción de refugallos, de plásticos e toneladas de elementos inservibles e moitos deles tóxicos. Unha das medidas que propoñen é levar unha bolsa no peto, para que, cando se presente a ocasión, podan saír ben parados.
Entre as recomendacións está a de prescindir daqueles produtos de usar e tirar e tamén dos envoltorios e envases innecesarios. Doe a cabeza ao ler os datos que aporta o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, indicando que se consumen en España ao redor de trece millóns e medio de toneladas de plástico ao ano. Máis dun millón das mesmas son de material supostamente nocivo e dun só uso.
É evidente, o mundo rico luxa e non limpa. As botellas de plástico enchen os mares e os océanos, e os científicos advirten que para o ano 2050 haberá nas augas máis plástico que peixes. Ao parecer, o plástico tarda cerca de medio millón de anos en desaparecer e non alimenta nada a ninguén, degrada, desfai, contamina, aumenta e mata. Neste caso, como di a Tía Manuela, “as autoridades deberían aplicar normas preventivas, actuar e despois falar”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El récord Guinnes que espera Lugo
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El récord Guinness que espera en Lugo
Roberto González
AVE y Seguridad Ciudadana
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Mensajes
Lo último
OBRAS, LLUVIAS Y SECTOR PRIMARIO
La “tormenta perfecta” hace mella en el tráfico de Xinzo
ACUSACIONES POR LOS INCENDIOS
Vandalizan con carteles la sede del PP en Ourense
UNA INICIATIVA PARA EL EMPLEO
Valcárcel vuelve a cargar contra la desidia de Vila
PLENOS EXTRAORDINARIOS
Luis Menor, presidente de la Diputación: “O que ocorre no Concello de Ourense non é normal”