Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Acepto só que nos baixasen un chisquiño o soldo aos funcionarios. Con varias reflexións e algunha condición. Primeira: os funcionarios, serventes civís, contribúen xa sempre cos seus impostos sen escaqueo. ¿Sóalles 'con factura ou sen factura'? ¿Dánlle recibo no médico ou na farmacia? ¿Lembran cando veu o euro, os beneficios extras de 'redondeos' e subas mentres que os asalariados bailabamos coa máis fea? ¿Non cren que se podería aforrar moito máis cunha mellor administración que baixando soldos?; despois doulles ideas. Tamén me resulta enternecedor, como diría Núñez, que a clase política decida baixarse o soldo o 15 por cento. O incrible, amable lector, é cómo eles teñen tal potestade. ¿Pode vostede decidir baixarse ou subirse o soldo? Eles si. Primeiro escollen os que queren ?niso si que se poñen de acordo- e agora báixanos un pouco. Enternecedor.
Entendo que nestes momentos de tribulación algúns pensen que os funcionarios, a cambio da seguridade de que a súa empresa non pecha, deben arrimar o ombreiro para dar exemplo. Pero como baixar soldos é medida revolucionaria, aí van unhas condicións conservadoras ?do erario- previas para dar o 'nihil obstat'. Cos controladores aéreos, púidose. Pódese, logo.
1º) Rescate do diñeiro entregado á banca. Está en garantía. Seguen con beneficios, non se arranxou nada, que o devolvan. Eles crearon o problema; nós, caladiños, pagando hipotecas, comisións e impostos ningún mal fixemos.
2º) Redución dos soldos políticos nun 40 por cento e fixación centralizada e por categorías (1ª, 2ª e 3ª) dos soldos e dietas de alcaldes, concelleiros e parlamentarios.
3º) Redución dos gastos de xestión do Senado, Congreso, parlamentos autonómicos e deputacións, concellos, nun 50 %. Eliminación de consolidación e beneficios en base á política. Minimización das viaxes: máis 'videochats' e menos pasear.
4º) Eliminación das subvencións á Igrexa, a non ser nas súas funcións sociais.
5º) Eliminación das subvencións e liberacións a sindicatos, clubes de fútbol, ONGs, sociedades filatélicas, micolóxicas ou de memoria histórica. Calquera asociación debe ser mantida polos seus socios.
6º) Reformulación das pensións non contributivas; xunto co nome 'Beneficencia Social' comprobación do estado de necesidade extrema de cada beneficiario.
7º) Racionalización do sistema político. Eliminación de concellos inviables, dos solapamentos administrativos, coincidencia das eleccións autonómicas na mesma data, etc.
8º) Prohibición do merchandising institucional e da propaganda nos medios. Nin chapas, nin paraugas, nin axendas, nin anuncios, nin congresos, nin premios, nin farrapos de gaita.
9º) Obrigatoriedade de factura ou ticket para calquera acto económico. Ata coas gominolas.
10º) Convocatoria de eleccións. O mesmo xestor non pode facer unha política e a contraria. Para iso está a alternacia, seica, esencia da democracia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas