Afonso Vázquez-Monxardín
A anormalidade normal
A alerta de Nivel 2 significa alto nivel de risco, con posibilidade de perigo para a vida humana, propiedades ou contornas naturais valiosas. Neste caso, a prioridade dos equipos e medios de extinción consiste na protección das vivendas, as granxas, os negocios ou as industrias e, evidentemente, as persoas que poidan resultar afectadas polo incendio.
Por tanto, cando hai perigo para as casas, para as aldeas, pobos, vilas ou cidades (lembremos que en Galiza temos mais de 30.000 núcleos de poboación) hai que decretar, cando menos, o Nivel 2 de Alerta que, coloquialmente, quere dicir: “protexer as casas, aínda que arda o monte”.
A necesidade de establecemento do Nivel 2 en toda a provincia de Ourense, como aconteceu esta semana pasada transformouse en miles de hectáreas queimadas. O operativo contra lumes, aínda con reforzo do estado ou internacional pode verse desbordado nunha situación de centos de incendios por toda a península, alto risco polo vento e altos temperaturas, e cunha cantidade de combustible desorbitante: matogueiras, mimosas, toxeiras, pasteiros, ou antigas terras de labor abandonadas.
Antes, cando ardía o monte, as campás tocaban arrebato para que as xentes se puxeran coa extinción, con xestas batendo o lume e carrexando caldeiros de auga
O sistema tradicional dos asentamentos de poboación deste pais consiste nun grupo de casas (lugar ou aldea) rodeado das terras de labor, prados e pasteiros, o que chamamos tecnicamente SAU (Superficie Agraria Útil). Arredor deste terreno agrogandeiro están os montes de particulares, o terreo forestal onde se sacaba a madeira, a cartilla de aforros de tantos galegos e galegas para cando cumpría retellar a casa, pagar a manutención, aloxamento e libros dos que querían estudiar ou o billete de ida cara as Américas ou a Europa de postguerra na busca dun futuro mellor.
Nos terreos máis afastados situábanse os terreos de uso común, os montes veciñais, onde aprovisionarse de estrume ou vender algunha partida de madeira para as festas de San Xoán ou Santa María (hoxe da Sardiña ou do Churrasco, respectivamente)
Pero ese mundo acabou. En moitos deses núcleos xa non queda ninguén (ou catro vellos, entre os que me inclúo), e os terreos pegados as casas xa non se traballan. A Superficie Agraria Útil pasou a ser Superficie Agraria Abandonada, por riba fragmentada en mil cachos.
Antes, cando ardía o monte, as campás tocaban arrebato para que as xentes se puxeran coa extinción, con xestas batendo o lume e carrexando caldeiros de auga. Hoxe veñen camións e aeroplanos e un feixe de extenuadas e mal pagadas brigadas con mangueiras e batelumes. Pero non veñen a defender o monte; veñen a defender as casas, por que coas hortas , labrados e lameiros abandonados, o lume chega ás portas.
A política agraria non é limpar, rozar e apagar, senón ordenar, producir, cultivar ... Hai que crear mecanismos e activar os existentes: Banco de Terras, Polígonos Agroforestais, Unidades de Xestión Forestal... ou cambiamos isto, ou temos Nivel 2 para rato.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Afonso Vázquez-Monxardín
A anormalidade normal
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Regularización masiva
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Pusieron la canción
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: o Posío
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
¿Dónde están, y dónde están?
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Algunos testimonios con un mismo amor
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 8 de febrero