Juan José Feijóo
El CIS de Tezanos “siempre da en el clavo”, por supuesto
O da Galicia dos dous desgobernos ninguén o pode negar. O acordo entre socialistas e nacionalistas hai tres anos impedíu que o gañador das eleccións continuara dirixindo o Executivo autonómico. E entrando xa no tramo final da lexislatura comprobamos cómo foi este tempo de fume, propaganda e publicidade, parece que con Goebbels como ún dos referentes.
Os encontronazos son diarios; as trifulcas dentro do bipartito, unha das súas características; os enfrentamentos e disputas, o pan noso de cada día. Unhas desavinzas que non chegan a máis moquetae causa. Nos derradeiros días asistimos a pronunciamentos públicos de representantes dos dous partidos que estragan a idea de unidade e de solidez que debera inspirar calquer goberno.
Un dos cerebros grises da organización do puño e da rosa en Ourense, elixido en marzo o único senador socialista da provincia, proclamou, medidamente pois fixo público un comunicado de prensa, que o que é bo para Ourense é malo para o BNG. Todo para saír ó paso dunhas declaracións do nacionalista elixido senador en representación da comunidade autónoma tras un noxento apaño parlamentario que rachou vintecinco anos de consenso en Galicia e significou un dedazo que deulle acta senatorial ó candidato menos votado da provincia, mesmo da súa formación política.
Días máis tarde soupemos que o voceiro nacionalista no Parlamento galego descalificou contundentemente o labor das consellerías socialistas da Xunta que apoia co seu voto. Unha a unha. Que si traballo inexistente, que si nulo, que si escaso, que si carente de proxectos... Eso sí o traballo dos departamentos nacionalistas é transformador (todos sabemos quén se transformou). Un ataque á liña de flotación do touriñismo que provocou a airada reacción do voceiro socialista na Cámara autonómica para proclamar que o voceiro nacionalista padecía trastorno bipolar, adicándose a ser goberno pola mañán e opo sición pola tarde, unha frase que xa se convertíu nun éxito, polo de reiterada, nesta lexislatura para esquecer.
Un trastorno bipolar que, de precisar a intervención da sanidade pública galega, provocaría ingresar nunha lista de espera para entrar noutra lista de espera, dada a precaria situación do sistema sanitario galego, dirixido dun xeito caótico como falan os trece ceses de altos cargos do departamento en tres anos, todos excepto a conselleira, unha das destinatarias das ácidas e incendiarias críticas do voceiro parlamentario nacionalista.
Non sei cántos doctor Jekill e míster Hyde hai neste desgoberno autonómico. Sólo sei que a imaxe que se está dando é impropia e que Galicia non a merece. Que prefiro que unha persona pilote con firmeza o volante do noso futuro e non que catro mans nese volante trazen un percorrido vergoñento, cheo de curvas e bandazos e coa colisión como lóxico remate desta sinrazón. ¡Cómo anda o patio!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
HUELGA SANITARIA
Más de 4.000 ourensanos, afectados por la huelga de médicos
AMPLIACIÓN HISTÓRICA
La Red de Juderías aumenta con el liderazgo de Ribadavia
PLAN PROVINCIAL DE LECTURA
La campaña provincial de lectura deja 261.000 euros en las librerías de Ourense