O que arde

O AFIADOR

Publicado: 17 ago 2025 - 01:10

Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

A vaga de destrución que o lume está provocando nas últimas datas na provincia leva a volver a vista ao 15 de outubro de 2017 no que vivimos un deses episodios que nos sacan do letargo intelectual fronte á situación que vive o rural. Seguramente as chamas que saltaron o Miño dende Portugal e que se foron extendendo dende as Neves cara Salceda, Salvaterra, Nigrán -a traxedia de Chandebrito permanece na memoria colectiva-, Ponteareas, aos que hai que sumar Xunqueira de Espadanedo, Maceda ou Parada de Sil. O balance foron vidas e facendas destruidas -catro vítimas mortais e vinte feridos-, casas, empresas, explotacións agrogandeiras, así como miles de hectáreas de monte arrasado. Pouco, si se compara co sufrido polo veciño país na mesma data: 42 persoas falecidas e 71 feridos, con arredor de 41.000 hectáreas queimadas.

Os culpables andan entre pirómanos, desequilibrados, rancorosos, insensatos ou mesmo o tren (en 2025!), sin que a acción policial nin a xudicial teñan ata o de agora incidencia tanxible na evolución dos incendios forestais.

Coa experiencia acumulada caben algunhas consideracións. Os culpables andan entre pirómanos, desequilibrados, rancorosos, insensatos ou mesmo o tren (en 2025!), sin que a acción policial nin a xudicial teñan ata o de agora incidencia tanxible na evolución dos incendios forestais.

Está fora de dúbida a cualificación e eficacia dos dispositivos técnicos e humanos de extinción, amplamente recoñecidos dentro e fóra do país, que admiran a calquera que poida velos actuar na desigual loita contra o lume. O seu bon facer tampouco é capaz de evitar picos explosivos como os actuáis, aínda que se multiplicaran os medios, porque a natureza embravecida é ingobernable. Con todo o anterior, igual sería convinte pensar, falar e actuar sobre o que menos se fala: a maior parte da masa forestal abandonada, que duplicou ou triplicou de forma ficticia a sua superficie coas terras de labor (horta, viña, secano e pastizal) ermas pola falla de relevo xeracional e de rendibilidade debido á atomización da propiedade.

Se queremos que a nosa historia fóra dos núcleos urbáns sexa máis que a proxección imaxinaria en bucle do celebrado filme O que arde de Oliver Laxe, so un pacto de Estado (imposible, agora mesmo) para abordar con decisión a enorme eiva pendente, podería introducir esperanza fronte ao devalar cara a nada. Ordenar o monte, podar, limpar e sanear, habilitar accesos practicables, estimular a reconcentración da propiedade, devolver á agricultura a terra que foi sempre súa, explotación razonable e coordinada, abrirían un escenario radicalmente distinto e permitirían dispor de iniciativas rendibles, ademáis de limitar o capacidade desetrutiva do lume de xeito natural. O demáis -incluidas as boas intencións viúvas-, serán pamplinas e negro porvir.

Contenido patrocinado

stats