Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
A Unión Europea está nunha conxuntura complexa onde hai expectativas de que o modelo entre en crise, tal como todo dá a entender en Alemaña e Francia. Inciden nesta tendencia tanto o intervencionismo da UE na guerra na Ucraína (a través do apoio económico e militar da OTAN a Kiev), así como polas consecuencias da perda de mercado e o recorte da enerxía rusa, que era moito máis barata, por mor das sancións impostas.
“Occidente”. Unha intervención directa dos países europeos implicaría a entrada na guerra, e polo tanto a utilización de armas nucleares por parte de Rusia
E, por se non abondasen estas eivas e atrancos, agora engádeselle por Estados Unidos a imposición de moi altos aranceis ás importacións, seica co obxectivo de equilibrar a balanza comercial, de reafirmar o papel do dólar, e facer fronte ao déficit público. Aranceis que atinxen esencialmente a China, Viet-Nam, Tailandia, a Unión Europea, Canadá, México,... e a practicamente ao resto dos países do mundo, aínda que sexa con taxas máis baixas. Estas barreiras que, aínda están en fase de negociación, algunhas serán menores do anunciado en principio por Trump. Xa que son un atranco no inmediato, e crean un escenario político (que se suma as sancións, conxelamento de activos, etc.) que dá pulo a medio prazo a un retroceso dá globalización neoliberal, dando forza ao localismo e a rexionalización. O que sería positivo, mais a vía escollida ten grandes custes sociais e retrocesos nos dereitos democráticos.
A estes atrancos se lle suma na Unión Europea unha aposta polo armamentismo, cun gasto nos vindeiros anos de 800 mil millóns de euros. Utilizase como escusa pra dar alento ao militarismo unha hipotética invasión por Rusia (FR) pra 2030. Un argumento que contrasta coa realidade, xa que aínda que a FR derrote á Ucraína, ten dificultades debido á axuda da OTAN e outros países da orbita de
“Occidente”. Unha intervención directa dos países europeos implicaría a entrada na guerra, e polo tanto a utilización de armas nucleares por parte de Rusia. Daquela que todo indique que esta aposta polo armamentismo está máis relacionada coa intención de que este sector substituía a caída da actividade industrial e abra un paréntese que permita a recuperación de sectores que hoxe non son capaces de competir con China e outras potencias emerxentes (e mesmo USA), e ademais gañar tempo pra desenvolver novas actividades de destaquen na cadea de valor.
Polo tanto. este semella ser un salto no baleiro, ante todo, porque unha gran parte do armamento vaise mercar aos Estados Unidos, e os cartos terán de saír da redución de servizos e prestacións sociais e dun aumento da débeda pública, que xa é moi alta, co que isto implica de inflación e caída do salario real. Agora ben, se pretenden copiar de Rusia, en relación co papel que ten o gasto militar nesta etapa, obvian que esta federación ten recursos enerxéticos abondo, unha industria de armamento moi forte, daquela que en ambos aspectos teña unha balanza comercial positiva ademais un déficit público baixo.
A demonización de Rusia e alentar o temor a unha invasión, que hoxe predican case todos os governos da UE e os partidos e medios de comunicación sistémicos, teñen o obxectivo de neutralizar a protesta social ante a posta en práctica de medidas que reduzan os dereitos democráticos e afonden no militarismo, a precariedade laboral e a desigualdade. Pensar nunha guerra directa entre a OTAN e Rusia e suicida pra humanidade. Por esta vía a Unión Europea vai camiño da desfeita, a Comisión Europea está cada vez máis afastada da maioría social, que carece de perspectivas de futuro, como amosan a caída da natalidade a niveis alarmantes, e a substitución por inmigración masiva (cada vez menos integrada), que o turismo como fuxida da realidade cotiá sexa cada vez máis importante. A UE non pode seguir dando as costas a unha solución pacifica e inmediata da guerra na Ucraína, a deter o xenocidio en Gaza e Cisxordania...
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Lo último
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor