Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Jácome, si me queréis, irse
DIARIOS DO PASADO
A etapa de arqueólogo municipal en Ourense alertoume sobre a importancia do deus Revve Anabaraego para a cidade. Foi, no meu criterio, o gran descubrimento das escavacións nas Burgas, proxecto municipal dirixido polo arqueólogo Celso Rodríguez Cao. As evidencias arqueolóxicas -seis altares ou aras- exhumáronse nun edificio romano do século I d. C. con uso balneario. Pero o deus parece ser máis antigo, con presencia preferente nos territorios lusitano, galaico e astúr. Antes do nacemento de Ourense o seu entorno xa estaba habitado polos galaicos, quizais do grupo dos interámicos –o “populus” ou “gens” dos “interamici”- que moraban en asentamentos fortificados construídos en outeiros. Os castros de Valdegola, Beiro, Madrosende, Oira, Santomé e outros, moitos deles despois influidos pola cultura romana.
Como outras veces lle teño falado, Na Gallaecia están atestiguados os deuses Bormanico, en Caldas de Vizela, Eudovius, en Caldas de Reis, a deusa Cohvetena en Gutiriz e, como non, Revve -nunha soa ocasión escrito Reve- co epíteto Anabaraego nas ditas seis aras
Pouco sabemos sobre a relixión destas xentes que poboaron o noroeste hispánico. As descripcións dos escritores clásicos son moi parcas. O grego romanizado Estrabón, que escribíu a estensísima “Xeografía” no cambio de Era, dicía que os galaicos eran ateos, o que debemos tomar con cautela, porque en contra da suposta arrelixiosidade, a epigrafía romana proporciona o nome de numerosas deidades galaicas, gravadas sobre todo en aras: Bandua, Coso, Revve, Eudovious, Bormanicus, Cohvetena, Berobreus, Lug, Nemeoecus, etc. G. Dumézil principal investigador das relixións indoeuropeas -sen esquecer ao teórico do racismo A. de Gobineau-, grupo que habitualmente inclúe a estes pobos xunto cos xermanos, celtas ou os propios romanos, propuxo a trifuncionalidade do seu panteón divino, resumido do modo seguinte: 1) Función soberana, mantedora da orde cósmica, das leis e do correcto funcionanmento do universo; 2) Función guerreira; 3) Función productora e xenerativa, en relación coa economía, a sexualidade ou a saúde. Son os mesmos conceptos con que os historiadores analizan as sociedades europeas moitos séculos despois. Fíxense se non nas estruturas sociais que caracterizan á feudal Idade Media e á estamental Idade Moderna: “oratores, “bellatores” e “laboratores”, os que oran, os que loitan e os que traballan.
Investigadores como M. García Quintela ou B. Fernandez-Albalat, acordes coa teoría dumeziliana, propoñen atribuír a primeira función a deuses con culto nas montañas, como Ladico, Tilenus, Candredoni. Máis próximo para nós podería ser o Revve co epíteto Larouco, con epígrafes atopados no ourensán termo municipal de Baltar. A segunda función, a bélica, podería recaer en Coso, un deus que conta con abundantes referencias na Gallaecia. Finalmente a terceira, relacionada coa abundancia económica puidera corresponderlle a Nabia, moi vinculada coas augas. Mais esta tercera función tamén tería que ver coa saúde, coa sanación. Dende este punto de vista non debemos esquecer, entre outos recursos curativos, o poder que historicamente se ven atribuíndo ás augas termais e mineromedicinais. Como outras veces lle teño falado, Na Gallaecia están atestiguados os deuses Bormanico, en Caldas de Vizela, Eudovius, en Caldas de Reis, a deusa Cohvetena en Gutiriz e, como non, Revve -nunha soa ocasión escrito Reve- co epíteto Anabaraego nas ditas seis aras. É polo momento o deus prerromano máis representado nun xacemento na Gallaecia. E como xa saben, estas seis atopáronse nas Burgas de Ourense. Seguramente en próximas colaboracións volverémolo a ver.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Jácome, si me queréis, irse
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
Las costuras de ciudad que siguen siendo aldea
Zoltán Kész
El terremoto político de Hungría
Chicho Outeiriño
Ganadores y perdedores de la guerra
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 16 de abril
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 16 de abril