Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: El PSOE de Ourense, al borde de la cremación
Con Risco. Conmemórase na cidade, por parte da asociación Amigos da República e no aniversario do 14 de Abril, a lembranza dos Artistiñas ourensáns do Volter que marcaron a vida cultural ourensá dos anos 60, da man de Vicente Risco. Arredor do creador de O porco de pé axuntábanse para falar de todo o humano e o divino os primeiros integrantes do faladoiro: os pintores Xaime Quessada e José Luís de Dios e o escultor Acisclo Manzano. O centro físico dos encontros era a taberna do Tucho na praza do Eirociño dos Cabaleiros, que Risco bautizou como O Volter xa que lle lembraba un café de Zürich, o emblemático Café Voltaire. Ó grupo inicial incorporáronse logo os pintores Virxilio e Xavier Pousa e os escultores Manuel Buciños e Arturo Baltar e na contorna movéronse outros escritores e artistas.
O grupo naceu formalmente xa falecido Vicente Risco, pois foi en setembro de 1963 cando se organizou unha homenaxe a Risco no Volter, presidida por don Ramón Otero Pedrayo, e cando se procedeu á decoración daquela taberna con pinturas e poemas nos paredes, hoxe todos desaparecidos, igual que o propio local, para propia vergoña da autoestima dos ourensáns e dos galegos.
Os murais. A investigadora Sofía Tros de Ilarduya dedicou un libro á aventura do Volter (Ronsel, 1998) e alí cita as obras plásticas e poéticas representadas nas paredes. Entre as principais, a alegoría de La Puerta de paja que pintou José Luís de Dios, de 216 por 330 cm., na que aparecen os personaxes desta novela e na banda dereita o propio Risco contemplando o mural e na esquerda os personaxes do Volter: o Tucho, Quessada, Acisclo, Conde Corbal e o propio José Luís de Dios. Outros frescos eran o Lobigato de E. Ortiz; Érguete Galicia e Mueran los enanos, de Xaime Quessada; e tamén se colgaron debuxos a lápiz e pluma de Risco (A nimales), paisaxes a plumiña de Luís Trabazo e varia táboas de Virxilio, Prego e Antonio Quesada. O tono rebelde da convocatoria quedaba ben cifrado nos títulos das pezas de Quessada ou nos textos que incluíu este artista como Viva sempre Tovar e ¡Érguete Galicia pedra a pedra, érguete Galicia e medra.
Resistencia. A aposta dos artistiñas inscribíase nas coordenadas da resistencia cultural das novas xeracións que aboian nos anos 50 e 60: un tempo marcado polo antifranquismo, o galeguismo e a percura dunha renovación estética na arte galega. Como indica con acerto Sofía Tros, todo iso prodúcese sobre un relevante substrato cultural (a cidade da Xeración Nós) e coas achegas dun grupo de persoas que colaboraron con eles e potenciaron o seu labor: entre outros, o crítico e pintor Luís Trabazo, o escritor Ernesto Gómez del Valle, o director do Museo Xesús Ferro Couselo e os mestres de artistas Manuel Prego de Oliver e Antón Faílde.
A triste historia da negación cultural do franquismo explica que descoñecesen, en cambio, a obra dalgúns artistas das vangardas galegas como Cándido Fernández Mazas e Manuel Méndez, dous ourensáns esquecidos naquela altura.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: El PSOE de Ourense, al borde de la cremación
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Silencio por la niña de Brión
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Quiebra en la red de apoyos a Sánchez
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
A paz profunda
Lo último