José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dúas lendas de mouros en Muíños
Todos temos escoitado a expresión "apoloxía do terrorismo" que cualifica o delito de facer propaganda das actividades violentas e que está castigado en todo o mundo civilizado, pois ninguén pode predicar a violencia. Moito menos usamos a palabra "banalización" que significa dar a algo a consideración de trivial, insubstancial, pouco importante, e que, creo, se cadra, máis perigosa en canto a conformadora de actitudes que a primeira. Unha é obtusa, directa e a outra é sutil, sibilina; ou sexa, máis eficaz. Se acabamos considerando máis ou menos normais cousas que non o son, estamos cruzando liña perigosas. Por exemplo, rachámonos as entrañas e dicimos que todos somos Charlie, pero banalizamos por pasiva –nin sequera lle dedicamos reflexións- os masacres de Boko Haram en Nixeria ou de Al Shabab en Somalia e Kenia. E a propósito dos crimes da yihad actual, banalízanse as diferenzas entre relixións, e escóitase que todas son igual ou potencialmente tóxicas, e lembran, de paso, a Inquisición e Galileo. Esa superficialidade é perigosísima porque anula a reflexión histórica e, así, a comprensión do presente. As relixións, como calquera obra humana, son distintas e evolucionan. Unhas veces cara adiante e outras cara atrás. E é evidente que a posición e actitude da Igrexa nos tempos medievais e nos tempos de hoxe, nada ten que ver. Entre Torquemada e o papa Francisco, non hai fíos. Entre os liberais emires da Córdoba medieval e o Estado Islámico, tampouco. Digamos que o cristianismo evolucionou nun sentido. Pero o Islam, noutro. O que non quere dicir, claro, que non haxa católicos ultramontanos –de palabra- ou islamitas progresistas, sempre apreciables aliados potenciais. Pero a evolución é a que é. E é deber noso, dos amadores do sistema democrático, non ser inxenuos e apoiar sen temor medidas para garantir que todas as ideoloxías, políticas e relixiosas, camiñen pola vía do respecto aos nosos valores.
Tamén lles estou preocupado pola banalización do extremismo interno, do discurso hiperradical dalgúns axentes. Voulles poñer un exemplo doloroso. O ancián Beiras Torrado chámalle aos xestores da sanidade pública que están promovendo un protocolo de atención cos novos medios técnicos que hai, para os enfermos da hepatite C, "asasinos". E non quero banalizar eu as súas palabras cun "cousas do Beiras". Non. As palabras cárgaas o demo. E que pasaría se alguén colle as cousas ao pé da letra e trata de "liberarnos" dos "asasinos" eliminándoos fisicamente? A violencia verbal é violencia e promove outras violencias peores. As cualificacións ou consignas disparatadas non se deben banalizar. "Se esto non se arregla, guerra, guerra, guerra", escoitei non hai moito diante da Subdelegación do Goberno a uns liberados sindicais alí concentrados. Que chiste hai en invocar á guerra? A miña avoa, listísima mestra, dicía que mentres houbera unha xeración que a lembrase, seguro que non había outra. E neste mundo volátil e de intereses cruzados e complicados, cómpre ter coidado en sobreexcitar á xente. Os valores extremos son incómodos e insáns (na temperatura, no peso, na velocidade...) pero moi perigosos nas dinámicas sociais. Algo de calma cumpría. Firmeza si, disparate non.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dúas lendas de mouros en Muíños
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Los años nunca volverán
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Es usted muy gracioso, es usted muy ingeniosa
Alfredo Conde
A TRIRITA
Sobre gatos, ratos, monarcas e presidentes
Lo último
FALLO EN LAS LÍNEAS DE TRANSMISIÓN
Cuba sufre un nuevo apagón total de su sistema eléctrico, el octavo en el 2026
INICIO DE TEMPORADA
Moncho López: "Queremos ganar la final"
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 19 de septiembre?