A DOS CABELOS DE OURO

Publicado: 25 may 2010 - 09:58 Actualizado: 11 feb 2014 - 00:00

A muller que leva os cabelos de ouro deixa escapar un sorriso ante a conversa dos seus compañeiros de mesa. Chupa do cigarro e fai xestos afirmativos coa cabeza. É fermosa. A cabeza e ela.

Non obstante, cando ri amosa unha boca demasiado grande para a súa fermosura. Quédalle mellor o sorriso.

Mira de esguello para o acompañante que ten á esquerda. Logo, cunha man, bota a melena para atrás e é aí onde se ve toda a súa cara de porcelana. Despois de botar o fume, tras unha chupada máis, fala co neno que ten á súa dereita.

Os dedos enmarañan, enredan no seu cabelo de ouro. Apaga o cigarro e deixa caer a ollada nun punto sen retorno.

Contenido patrocinado

stats