Ricardo Tena
Azul marino, celeste, eléctrico…
Camiño da biblioteca. Paro a tomar o café. Á biblioteca vou restituír, devolver un libro e coller outro. Aínda teño dous na casa; un a medio ler. Pero non vaia ser o demo que me quede sen lectura. Sería como se se acabase o mundo. Xa lle dei un sorbo ó café. Vou co segundo. Que carallo, alá vai o terceiro, e café tragado. Moi rápido e moi sinxelo. Estamos co veranciño de san Miguel. E si que se nota. Vai calor. Hai que andar pola sombra e... con gorra. Minto. O da gorra vén polo corte de pelo. Volvo mentir; de corte non ten nada. Foi unha tosquiada, unha rapada a conciencia. Seguro que por culpa do Atlético de Madrid, que por meterlle cinco goles ó Real Madrid, o meu fillo... ai si, vas saber do cabreo que teño encima! Colleu a máquina e deixoume como me deixou: practicamente ó 0. Hai que usar gorra para disimular.
Camiño da biblioteca sigo coa música nos oídos
Camiño da biblioteca. Aínda non cheguei a ela. Primeiro toca andar un pouco de can. Despois da devolución do libro, toca seguir de can para rematar facendo recados. O cometido dos xubilados é ese: facer recados e coidar dos netos. Como non teño netos... a facer recados! Ou encargas, que é o mesmo. De cando en vez é bonito adornar ou alongar a frase con algún sinónimo.
Camiño da biblioteca sigo coa música nos oídos. Agora mesmo soa o tema “Terror Birds”, de Harald Kloser, e que asoma na banda sonora de “10.000 a.C.”. Como xa tomei o café, como xa matei o tempo con contos sen xeito nin modo, sigo coa música camiño da biblioteca.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ricardo Tena
Azul marino, celeste, eléctrico…
Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre el vagabundeo
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Su nombre no era para esa lápida
CUENTA DE RESULTADOS
De Cos y Knot, favoritos para el BCE
Lo último
La Región
Un día más
EFECTO DE LA INFLACIÓN
El IPC supera la subida de sueldo del 60% de asalariados
La Región
Vivir con un pie en cada sitio
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este lunes, 2 de noviembre