Jorge Vázquez
SENDA 0011
Lo que no se lanza
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
“... No mundo teredes moita dor; pero confiade, Eu vencín ó mundo”
Vivimos nunha época marcada pola incerteza: crises sociais, inestabilidade económica, esgotamento emocional e unha sensación constante de que todo está a cambiar demasiado rápido. Xesús non promete ausencia de problemas; ao contrario, recoñece a realidade humana da dificultade. Pero a súa mensaxe vai máis aló: convida a non deixarse dominar polo medo.
“Confiade” non é un chamado á pasividade, senón a unha fe activa que nos impulsa a construír, a curar e a resistir. “Eu vencín o mundo” lémbranos que Cristo coa súa resurrección, venceu ao sistema mundial de criterios e actitudes que se opoñen á perfecta vontade de Deus.
En tempos de conflito e soidade, o Mestre anímanos a manter a dignidade, a compaixón e a perseveranza, aínda cando o ambiente pareza adverso, sabendo que a súa luz pode prevalecer nos tempos máis escuros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jorge Vázquez
SENDA 0011
Lo que no se lanza
Mariluz Villar
MUJERES
Agradecidas
Editorial
EDITORIAL
Pedro Sánchez, la crisis de la vivienda y las mentiras del bombero pirómano
Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre el café
Lo último
POSIBILIDAD DE FUERTES LLUVIAS
La alerta amarilla por tormentas mantiene en vilo a Ourense este lunes y martes