Rosendo Luis Fernández
El triaje de Marlaska: chavismo
O AFIADOR
O recente pronunciamento do maxistrado Leonardo Álvarez en forma de auto considerando “vulneración absolutamente groseira” da legalidade a actitude do alcalde de Ourense por simultanear a percepción de ingresos económicos de actividades privadas e o salario como alcalde sen contar coa preceptiva autorización do pleno municipal, xerou un considerable balbordo sobre os feitos e, aínda máis, sobre a forma de gobernar do rexedor ourensán. Non deixa de estrañar este ruido por cuanto o comportamento do protagonista vén sendo o mesmo dende que chegou ao cargo: facer o que lle peta, que en bastantes ocasións é o contrario do que dicía na oposición, rexeitando decisións e xestións dos seus antecesores, deixando agora a legalidade á marxe, que esa deben cumplila os demáis.
É certo que este recado oficial da sua señoría ao alcalde para que poña as barbas a remollo, xustificaría o alboroto polo contexto no que se produce: os mesmos feitos foron arquivados pola Fiscalía ao non consideralos punibles -sí que víu “irregularidades”- como pensaban os ex concelleiros de DO que enviaron escritos a ese órgano dando conta do que a eles lles parecía unha violación flagrante da legalidade. Lembrouno María Dibuja, integrante do primeiro equipo de goberno que participou na famosa asonada con outros tres exleales a Jácome -cos que enredaba algún chisgarabís con soldo oficial- en pos dunha dimisión que non chegou, ou dunha ilusa moción de censura para apealo do cargo.
Agora saltemos case seis anos. O alcalde está onde estaba, os seus críticos non están, e a oposición tamén está máis ou menos no mesmo lugar.
Dibuja incluía como falsos ofendidos aos membros da oposición municipal, afirmando que o seu era un “asombro irreal”, aínda que esa acusación podería aplicárselle a ela mesma e aos compañeiros disidentes, incapaces de intuir ata ese momento con quen se xogaban a sua aventura política. Con todo, hai que recoñecerlle como mérito ter sido asinante do escrito no que se comunicaban presuntas irregularidades do alcalde na administración do diñeiro que o seu partido recibía das arcas municipales ou de quedarse con parte da retribución de asesores municipais.
Agora saltemos case seis anos. O alcalde está onde estaba, os seus críticos non están, e a oposición tamén esta máis ou menos no mesmo lugar. Todos claman pola gravidade da situación, pero apunta a que agardan que o resolva a xustiza. Cumpriría, por unha vez, preguntarse se a responsabilidade non require algo máis que contar o xa visto. Por dar unha idea podíamos parafrasear ao gran Manuel María, cambiando Galicia por Ourense e a fala polo Concello. Seguro que no lo perdonaría: Ourense somos nós: / a xente e máis o concello. / Se buscas a Ourense /en ti tes que atopalo¡
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 18 de septiembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 18 de septiembre
RELACIONES COMERCIALES
Canadá apuesta por Europa pese a las amenazas de EEUU