Jorge Vázquez
SENDA 0011
Lo que no se cuenta en el escenario
Davide Salvado é un artista dos pés á cabeza. Este mozo de Marín (1981) compite polo Mellor Album de Músicas do Mundo -Worl Music- polo seu disco Lobos, xunto con Cuban sound Projet, Espacio Exterior, Gecko Turner, Los Granadians e Barcelona Gipsy Balkan Orchestra. Alén disto, no apartado de Mellor Álbum en Galego, tamén podemos atopar a Davide, ademais de Terbutalina, SES, Anxo Pintos, Roberto Comesaña, Cristina Pato e outro gran músico, Xabier Díaz.
En efecto, Salvado ten iso que adoitamos denominar talento, dada a intelixencia natural -é un autodidacta- e as evidentes aptitudes para a música e mais a interpretación. No entanto, sabemos que con capacidade e intelixencia non chega.
Para que o potencial deixe de selo e poida, finalmente, materializarse, cómpre traballar duramente. Davide Salvado é pois moito máis que un home talentoso ou intelixente. É un auténtico currante. Daquela, unha parte importante dese rigor e sutileza que o caracterizan vén determinada por unha entrega total. Por esa razón foi quen de percorrer as aldeas da Galiza na procura dos ritmos, cancións e danzas das mulleres galegas. El mesmo deixa claro este labor minucioso de escoita e atención, ao explicar, por exemplo, a orixe dun dos temas do disco titulado "Helena", que leva este nome en homenaxe á muller que interpretou para Salvado e para a xente coa que traballa moitas cancións populares.
Sinceramente, canto máis coñezo deste artista, máis admiración e orgullo sinto. Supoño que isto acontece, porque me gusta a xente seria, esa que se entrega en corpo e alma ao que fai, sen escusas, conseguindo así unha execución perfecta.
Salvado, como Xabier Díaz ou Anxo Pintos, pertencen a este tipo de persoas, que, lonxe de se conformar, andan sempre á procura de máis e mellor. Iso sen termos conta da solidariedade existente no mundo da música no que as colaboracións entre artistas é algo habitual. De feito, Salvado ten tocado con Budiño, e, neste novo disco, Lobos, faino xunto con Quim Farinha y Santi Cribeiro, compoñentes do xa desaparecido grupo folk Berrogüetto. Isto proba, máis unha vez, que sempre atoparemos maior beneficio en colaborar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jorge Vázquez
SENDA 0011
Lo que no se cuenta en el escenario
Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
La tortilla de patatas no era tan popular
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
China, en el nuevo mapa del poder global
Carlos Risco
COSAS QUE NO CONVIENEN
Distinguir el resplandor apocalíptico de la civilización
Lo último