Juan José Feijóo
El CIS de Tezanos “siempre da en el clavo”, por supuesto
Esta semana, coa presentación tarde, mal e nunca dos orzamentos do bipartito para o ano 2009 confirmouse a marxinación total de Ourense durante os catro anos de goberno de Touriño e Quintana, Quintana e Touriño. Catro anos de despropósitos, de marxinación e sectarismo. Un cuatrienio no que Ourense non existiu para este bipartito de progreso que ía rexenerar a política e reequilibrar o territorio acabando coa Galicia das dúas velocidades.
Quén diría que os que ían a salvar á nosa provincia, dende o mandamáis nacionalista Quintana como vicepresidente xunto co tamén conselleiro nacionalista Suárez Canal, pasando polo máximo responsable socialista provincial, adicarían os catro anos a burlarse dos ourensáns e a facer unha política de escaparate barato caracterizada polos parches e polo esquecemento de Ourense.
Presentaron as cifras para o ano 2009 e observamos que descendeu case nun 50 por cento as cantidades adicadas específicamente á provincia, territorializadas, comparadas coas previstas no documento para este 2008. Non existe ningún proxecto ou actuación nova. Tamén once dos catorce departamentos nos que se estructura o Goberno autonómico, once de catorce repito, non deseñan os presupostos con partidas onde figure unha pala bra que nos é moi familiar: Ourense. Ningún investimento en materia de medio ambiente, nin en materia de servizos sociais, nin en medio rural ou traballo, nada en cultura... Auténticamente noxento e impresentable. Sobre todo vindo daqueles que, noutras etapas, falaban do necesario e obligatorio, para acertar a ver o compromiso dun goberno, de que as partidas presupostarias levaran nome e apelidos, é decir, que se soupera a ónde ían os cartos, resumindo: territorialización.
Dos 140 millóns de euros que anunciou Touriño en Ourense, menuda cara, para o Plan Director do Complexo Hospitalario de Ourense, prevese un millón. Velaí o valor da palabra do presidente da banda socialista do bipartito. Un raquítico e insultante investimento que se completa co esquecemento de actuacións en todas e cada unha das comar cas da nosa provincia. En ningures aparecen as obras e proxectos longamente demandados polos ourensáns e aparatosamente publicitados por este bipartito da tendencia ao luxo: o centro de interpretación dos parques naturais, a unidade de hemodinámica, o novo edificio judicial, os centros de saúde de O Couto e O 21, as inversións en execución do Plan estratéxico de termalismo de Ourense... Nada de nada. Cero.
Coidaba que, estando nun ano electoral, botarían o resto apostando por proxectos nunha provincia da que se riron estos máis de corenta meses que levan facendo que gobernan. Pero nin así, siguen con esa actitude sectaria e paralizante, dunha manifesta indignidade, impropia de quen dice representar ós seus cidadáns. Agora presentaremos emendas para mellorar este patético proxecto anti-ourensán. Pero témome que o voto de socialistas e nacionalistas será o que sempre manifestaron cando pedíamos algo positivo para Ourense: que non. Sempre non. Con esta xente non hai futuro para Ourense. Nin futuro nin Ourense. Moito me gustaría ter que escribir que aceptan algunha das nosas propostas... O dúo estático volverá a mirar para outro lado cando se fala de Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
HUELGA SANITARIA
Más de 4.000 ourensanos, afectados por la huelga de médicos
AMPLIACIÓN HISTÓRICA
La Red de Juderías aumenta con el liderazgo de Ribadavia
PLAN PROVINCIAL DE LECTURA
La campaña provincial de lectura deja 261.000 euros en las librerías de Ourense