Despois do lume

Publicado: 24 ago 2025 - 01:33 Actualizado: 24 ago 2025 - 01:33

Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

A devastación que está provocando o lume nos montes desata, dende sempre, unha morea de reaccións -tantas, case, como faíscas- coas que cada quen trata de explicar o que pasa. Algúns céntranse en causas e orixes, outros expoñen as suas solucións e outros máis -moitos, tamén- dan renda solta á rabia, frustración, desesperación e dor ante os efectos dun xa foi que pasa por enriba de nós, sin que os servizos profesionais de extinción ou protección, nin o voluntarismo cidadán sexan capaces de frear o poder destrutor das lapas desbocadas.

Bótase de menos un chamado a limpar os arredores de centenares de núcleos aínda hoxe cheos de herba e broza seca, que en caso de incendio é un potente combustible

As autoridades, igual de sobrepasadas que as xentes do común polas dimensións da catástrofe, tratan de aportar un raio de esperanza para cando remate a hecatombe a base de anunciar axudas para volver ao camiño da normalidade, hoxe imposible para moita xente. A situación de tensión influe tamén sobre declaracións e discursos públicos que, se recuperáramos os contidos dentro de varios meses ou un ano, veríamos ata que punto foron útiles e, incluso, se pasado o fragor da traxedia, se compadecen coa nova realidade prometida. (Hai uns días anunciábanse axudas para os apicultores afectados, “especialmente para os de Ourense. Que significa eso? Que os apicultores ourensáns cobrarán máis que os de Lugo polas colmeas perdidas? Que se lles van ofrecer cousas as que os de Pontevedra non terán acceso…? Cuanto de especiais terán? Evidentemente, debe ser un lapsus, pero merecería unha aclaración que non consta. En cambio, bótase de menos un chamado a limpar os arredores de centenares de núcleos aínda hoxe cheos de herba e broza seca, que en caso de incendio é un potente combustible. Hai que lembrar que resta setembro, mes de lume forestal por excelencia).

Hai miles de damnificados que precisarán axuda en distinto grado, entre eles os que o perderon todo e que merecen a maior e mellor solidariedade social e institucional para recuperar a dignidade e a capacidade para voltar a rular esquecendo a terrible situación que os colocou no desamparo total. Pero, a solidariedade vive en gran medida ao calor do fragor e da traxedia. É no caso dos incendios, como nas guerras, en canto chove -no primeiro caso- ou en canto se anuncia a paz, as sensibilidades empezan a enfriar, de xeito que cada día que pasa resulta máis difícil cumplir coa conciencia. O silencio, para a sociedade civil, é a maraña de requisitos no caso da burocracia oficial, poden devaluar sensiblemente a vontade inicial. Fagamos memoria da traxedia de 2017 e saquemos conclusións.

Contenido patrocinado

stats