Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCRÍBLES
Cinco poemas para el sosiego
Hoxe sería impensable concibir a cidade histórica sen o conxunto formado pola catedral de San Martiño, a praza da Madalena, a igrexa de Santa María Nai e o edificio do Museo Arqueolóxico que, como saben foi pazo episcopal antes que espazo museístico. O conxunto que se ergue sobre a cidade “laica” é o que tantas veces denominei “acrópole episcopal”. Sen dúbida a partir do s. XII o urbanismo cristianízase, estruturándose ao redor do eixo catedral-pazo episcopal, organizando as rúas e as prazas ao seu redor. Nas cidades clásicas romanas, as liñas de actividade cidadá pivotaban en torno ao foro, os templos ou ao redor de espazos de ocio, baños, teatros, circos ou anfiteatros. Ourense, cun pequeno núcleo romano dunhas 9 ha, ata o que sabemos carece de grandes infraestruturas. As escavacións arqueolóxicas levadas a cabo polo momento aínda nos sitúan na tesitura de teorizala máis que de describila cunha mínima precisión. Dende este punto de vista, o contraste co medievo é radical. Sabemos da restitución da trasladada sede episcopal con Sancho II e o bispo Ederonio no século XI e case nada de evidencias edilicias de sedes episcopais anteriores. Existen, baixo e no entorno do actual museo arqueolóxico, muros, capiteis e columnas que poden delatar un centro de poder -civil?, militar?, eclesiástico?-. Incluso os restos dunha posible estrutura hexagonal de tradición tardorromana que puidera, con moita precaución, lembrar a forma dun baptisterio. Tal construción foi anulada polo edificio románico do pazo episcopal, que despois citaremos.
Todo o que describimos para o s.XII, posiblemente xa ocorrese antes, dentro dun proceso iniciado no s. IV e consolidado no V
Aínda que sexa en momentos históricos moi avanzados, no s. XII evidenciase a materialización desa cristianización urbana no sector norte, superada a valgada das Burgas. A este forte pulo non debeu ser alleo o poder que Teresa de Portugal lle concedeu aos bispos aurienses en 1122, outorgándolles o señorío da cidade, xunto coa capacidade de organizar un mercado. A partir de entón, a urbe parece vivir un renacemento espectacular. En 1131 constrúese o pazo episcopal, excelente obra do románico civil, e, no extremo oposto desta acrópole artificial -que topograficamente se imporá ao futuro núcleo leigo formado pola Praza Maior e o concello- conságrase o altar maior da catedral de San Martiño en 1188. Comezan dende entón a aparecer as referencias documentais sobre rúas e prazas que aínda perviven hoxe, moitas dedicadas dende entón a actividades comerciais da man dos gremios. Non debe ser casual que precisamente a rótula común entre as cidades romana e medieval -que especialmente se despraza ao norte- pivote precisamente nesta acrópole, neste conxunto bispal articulado entre o pazo dos bispos e a nova catedral.
Todo o que describimos para o s.XII, posiblemente xa ocorrese antes, dentro dun proceso iniciado no s. IV e consolidado no V, cando comezan a erguerse basílicas, baptisterios ou os “martyria” -edificacións con tumbas ou reliquias de mártires-, noutras cidades episcopais hispánicas. En Ourense os datos arqueolóxicos para estas etapas antigas fanse de rogar, pero é indubidable que a estrutura principal da cidade medieval -edificios e rueiro- organízase en torno ao complexo arquitectónico episcopal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCRÍBLES
Cinco poemas para el sosiego
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Desencantados
Xabier R. Blanco
Apúntate a "Voxeo"
Isaac Pedrouzo
Gimnasio Knoura's
Lo último
PREFERENTE FUTGAL
Derbi de urgencias en Oira entre Cented y Sporting Celanova
PREFERENTE FUTGAL
El Arnoia afronta un duelo directo frente al Cultural Areas
HEMEROTECA
Historia en 4 tiempos | Carnaval en la nieve
UN ESPECTÁCULO
Arón del Maceda rompe el sopor (1-0)