Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Cáusame preocupación que cando se fala da Federación Rusa chame tanto a atención que poda resistir ao exército da Ucraína, mesmo sendo evidente que conta coa axuda da OTAN (militar e económica, ao que engade a incidencia no ámbito financeiro, tecnolóxico e da formación da opinión pública). Tampouco se pode obviar que o exército da Ucraína foi preparado e armado pola OTAN desde o ano 2014, e o exército ruso na década dos 90 do século pasado estaba practicamente liquidado (Afganistán, caída da URSS, revolta armada en Chechenia...). Agora ben, tendo en conta os resultados, resulta evidente que faltan temas a termos en consideración, por algo fallan moitas análises sobre a realidade da FR actual, tanto no económico e militar. Entre outros aspectos, facer unha valoración máis correcta sobre as consecuencias da caída da URSS, o que herdou dela e o que isto implicou na súa evolución.
Neste caso, resulta moi evidente, que cando se fai unha análise da situación económica, social, política... (de calquera país), debese ter en consideración a tendencia dominante, así como a evolución histórica e o comportamento na conxuntura rexional e internacional. Por exemplo, non teñen a mesma repercusión as sancións do imperialismo estadounidense máis aliados (OTAN e compañía) contra a Federación Rusa (FR), que cando se trata de nacións como Venezuela o Cuba, Rusia ten unha extensión inmensa, unha gran riqueza en minerais e unha enorme produción de cereais, unha industria moi avanzada no ámbito militar e de primeira transformación en sectores claves, un forte sector estatal, ao que se engade, como experiencia, un proceso histórico de illamento por “occidente” durante a vixencia do “socialismo”. Mentres que Venezuela, por exemplo, ten unha gran riqueza en petróleo e certos minerais, como o ferro, mais era importador neto de alimentos e produtos elaborados de todo tipo, mesmo os máis primarios. No caso de Cuba sumáselle, a anos de bloqueo antes e despois da caída da URSS, ser un pequeno país, tanto en termos xeográficos como de poboación, aínda que teña unha importante formación en determinados sectores, como o sanitario.
A crise de modelo en Alemaña, Francia, Reino Unido e Xapón non semella que se supere a curto prazo, e outro tanto pásalle aos Estados Unidos
Ademais, pra valorar na súa xusta medida a economía da FR non é o mesmo facelo en dólares nominais (ao prezo de cambio) que respecto da capacidade de merca que ten dentro do país, máxime cando se trata dun que ten as dimensións de Rusia, con riqueza en materias primas, diversidade industrial e boa formación técnica,... ( aspectos ligados á experiencia da URSS). Segundo estatísticas do Banco Mundial, referidas ao ano 2023, o PIB por capacidade de merca era, nos primeiros dez países, o seguinte (en miles de millóns de dólares): China 31.226; Estados Unidos 24.662; India 13.003; Rusia 5.815 (1.858 nominal, un terzo do real); Xapón 5.761; Alemaña 5.230; Brasil 4.015; Indonesia 3.905; Francia 3.763; Reino Unido 3.699. Ou sexa, só a metade das vellas potencias ten aínda un papel central na economía, e van a menos.
A crise de modelo en Alemaña, Francia, Reino Unido e Xapón non semella que se supere a curto prazo, e outro tanto pásalle aos Estados Unidos. A media do medre dos países emerxentes é do 4,2%. O Banco Mundial pronosticaba pra FR un decrecemento pra 2023 do 0,2% e o FMI dáballe un medre de só 0,7%, máis creceu o 3,6%, e foi dun 4,1% de 2024. Resulta evidente que a Federación Rusa non só é unha “gasolineira”. A suma de novos países asociados aos BRICS favorecen as relacións comerciais de Rusia, aínda que as sancións se cumprisen estreitamente polos países do G-7+OTAN. Todo indica que a FR foi construíndo alternativas axeitadas ao momento. En fin, nunca hai un só escenario posíbel, daquela a importancia de contextualizar correctamente, máxime cando se trata de confrontacións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Los rojos que eran (viejos) verdes
Lo último
PRIMERA FEDERACIÓN
Una victoria para terminar el año del Arenteiro
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
UNA VIDA DE COLECCIÓN (VIII)
Cuando lo importante es tirar y bailar bien