Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Las nostalgias
Probablemente estamos mortos. Non estou seguro, certo, pero existen sinais que conducen á forza, como cando unha pistola nos aperta nos cadrís, a esa sospeita. Hai territorios nos que se intensifica a presión do cano. Por que non dicilo: a pistola oprime especialmente en Ourense. Aquí un ten a sensación de que a cidadanía volveuse fantasma. Fantasma ao estilo do Ulises, onde se define tal figura como un esvaecemento por morte, por ausencia ou por cambio de costumes. Non advirte, neste lugar, a estraña desaparición do desagrado social? Ninguén se sinte escandalizado, insultado, afectado. Nada. Por que será? Se existe a repugnancia, claramente é levada en silencio. Esta aceptación da realidade é o noso mellor atributo, en tanto cadáveres que somos.
Actuamos como se todo estivera ben. Hai un relato de Vila-Matas no que un fillo, para desesperación dos pais, non fala nunca. Cando ten sete anos lévano ao médico, que di que se o neno non fala é porque non quere. Pasa o tempo e cando o fillo xa é maior, unha tarde di: este doce é repugnante. Os pais preguntaron como era que non falara ata ese momento. É que até agora, respondeu, todo estaba perfecto. Talvez na nosa aceptación servil da realidade, estea a idea de que Ourense é un verxel. Mal. Quitemos esa idea da cabeza. A perfección, como se recolle no Dicionario do demo, de Ambrose Bierce, é unha propiedade imaxinaria que se distingue dos atributos verdadeiros por un ingrediente coñecido como excelencia, atribuído pola crítica.
Por que aquí non ocorre nada? Pfff. Agora só recordo a definición de guillotina, outra vez segundo Bierce, como máquina que fai que os franceses se encollan de ombros. Engade o escritor que o profesor Brayfuble argüía, partindo do xesto dos franceses, que estes descendían de tartarugas, e que o encollemento era unha supervivencia do hábito de retraer a cabeza cara a coiraza. Bierce sinala que o xesto era descoñecido antes da Revolución, e no dubida que o encollemento se debe ao terror que inspiraba a guillotina durante o período que estivo activa. Talvez aquí exista tamén un certo terror a algo, e por iso todo fica morto..
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Las nostalgias
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Ofelia Cardo exorciza las sombras del pasado
Emilio R. Portabales
TRIBUNA
Pasado, presente e futuro dos Coros Galegos
DIARIO LEGAL
¿Camino público o serventía?