Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Aínda non vin a película pero algo lles vou dicir hoxe da novela. Propóñolles algunha reflexión. Quero que pensen no equívoco moito máis habitual do que parece no que o público confunde o mundo da creación literaria coa reportaxe histórica. Loxicamente toda novela está situada nun lugar que adquire máis ou menos protagonismo -no noso caso moito- pero, fundamentalmente, é unha historia inventada por un señor na que nos conta estorias doutros señores. (Éme simpática a distinción que fan moitos portugueses, entre "historia" ciencia do pasado, "history" en inglés e "estoria", conto ou invención, "story" en inglés. Así en galego poderiamos dicir "déixate de estorias" ou "déixate de contos" e deixar a historia con hache para cousas máis serias.) Volvo ao rego. O normal para ambientar e situar a acción dunha obra é escoller espazos coñecidos, pois noutro caso cómpre documentarse moito para que sexa verosímil. E esa localización e ambientación moitas veces pasa a ser, loxicamente, aproveitada, para o reforzamento da personalidade da localidade; e retroaliméntase a cidade da novela, pois ao estar literaturizada adquire un estadio superior de vida. E así, xunto cos cidadáns que foron moradores, digamos Vicente Risco, Otero Pedrayo ou Eduardo Blanco Amor, viven dalgún xeito os cidadáns creados nese recreado espazo. Digamos, o doutor Alveiros, o Bocas, o Milhomes, o Cibrán. E co paso do tempo fúndense todos e pasan a habitar, xuntos e revoltos, o ceo etéreo e vaporoso que hai sobre as Burgas.
De aí que cando deseñaramos o roteiro da Esmorga, tal que en 1995, pensasemos en seguir con outros roteiros e doutros personaxes para afianzar a identificación multiforme de Ourense –Auria como capital literaria de Galicia-. Pero todo se acabará facendo. O Ourense señorito, fidalgo e liceístico do relato "Xaque mate" de Méndez Ferrín, ou dos fidalgos pedraianos paseando polo Espolón da Praza Maior, por exemplo, son outra capa dese mundo. E o da tensión burguesa e modernista de "O porco de pé" de Risco, outro. Hai moitos mundos neste mundo, moitos Ourenses neste Ourense. O que máis sona nos leva dado, por suposto, o de Eduardo, pois aínda que raramente entren os personaxes no centro urbano e transcorra a acción entre o suburbio e a marxinalidade, "A esmorga" é a novela de Ourense.
E é ben curioso como o paso do tempo resultou beneficioso para esta consideración. Cando Blanco Amor publicou a obra, alá en 1959, foi acollida aquí co fociño revirado. Lembremos que en Ourense, galeguismo daquela era sinónimo de Risco, Cuevillas, Otero, Xocas, señoritos todos católicos e conservadores, tirando a imaxinarios fidalgos intelectuais. E o que escribía era un emigrante. De familia de clase baixa. E con características e historia persoal que o afastan dos galeguistas. E a Auria recreada era un mundo de putas e borrachos. Nada de reboticas intelectuais e de libros franceses. Nada de liceos e bailes de salón carlistas, liberais ou masónicos. Nada da saudade de pazos na aldea, de tempos idos. Nada de tradición e mouros. Só o home fronte a un destino duro que o arrastra húmido e culpable cara ao desastre.
Un destes días marchou o Berto –a que nunca oín que ninguén lle chamase "pañuelitos", por certo- home da mala vida, a quen moitos apreciabamos. Un personaxe que encaixaría, moi ben, no Ourense inmortal de "A esmorga". Vai por ti, Berto. E descansa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Contumacia en el error
Lo último
PROPUESTAS INTERNACIONALES
Allariz selecciona los mejores jardines para su edición más libre
SEGUNDA FEDERACIÓN
La UD Ourense quiere acabar el año con victoria
La Región
Tiranías