Jorge Vázquez
SENDA 0011
Lo que no se cuenta en el escenario
Se algún lector teño -que malo será- saberá que as bandeiras que máis me cobizan son as das gasolineiras. Así, ao lonxe, advírtennos de que algo útil hai: o sitio onde podemos darlle de beber á nosa cabalgadura de hoxe, sedenta ela de tóxicos petrolíferos carísimos. E nunca vín que houbese guerra de bandeiras entre as compañías de aceites de coche, digamos Móbil ou Total, ou que os fornecedores de combustible, tipo Cepsa, Repsol ou Galp andasen a paus por ver cal das súas ondeaba máis alto. Si. Estas, aínda sen selo textilmente falando, son bandeiras brancas, sen malicia, sen carga simbólico-desacougante, ou sexa sen carga de historia e agravios ou desagravios filias e fobias por tras. Pola contra, as bandeiras de territorios teñen outra vida. Ás veces confúndennos. Si, hoxe as bandeiras de España, por exemplo, polo seu lucimento excesivo, despístannos. Parécenos que está o país cheo de oficinas oficiais. Antes monopolizaban a súa exhibición o Goberno Civil, o Goberno Militar, a Delegación de Facenda, o Banco de España, a Deputación Provincial e o Concello, amén das delegacións provinciais dos distintos ministerios. Incluso facerse cunha bandeira era cousa complicada. Ninguén sabía ben onde se vendían. ¿Nunha tenda de roupa? ¿Nunha de textís por metros? ¿Había que pedilas a Madrid? En fin, moitos foron os que as fixeron 'na casa', sobre todo as galegas. De aí que nunca levasen escudo; porque unha cousa é coserlle a máquina a un cacho de sábana unha lista azul toda seguida -tratratratrá- e en cinco minutos tema acabado, e outra era bordar con primor, hostia, copón, cruceciñas, etc. Non había color.
Pois hoxe, curiosamente, o rexurdir do 'soy español, español, español', é algo, perdóenme, baseado na cultura 'todo a cen'. Descúlpenme que lles conte o que xa saben, pero esa españolidade expansiva non é froito dunha reflexión orgullosa sobre a conveniencia do adelgazamento da estrutura do Estado e demaís traparratrá político, senón puro produto das bandeiras a dous euros e de toda a trapallada -merchandaisín chámanlle- asociada. Así, os chineses de día e os senegaleses de noite, non caeron en ningunha hispanofilia delirante que os levase a vender bandeiras, bandeiriñas, pulseiras etc. de xeito compulsivo. Só foi cuestión de oportunidade de negocio. Ou de negocio de oportunidade, que é parecido.
Aínda así, non creo que os chineses veñan investir aquí os montes e moreas de cartos que teñen acumulados e non saben que facer con eles. Creo que desde o seu delirante sistema político baseado nun non menos disparatado consenso social que algún día se esvaecerá como a néboa de verán, non poden investir nun lugar de 'mixiricas' demócratas. Eles téñeno claro. ¿Corrupción? ¿Delincuencia?¿Banqueiros que rouban? ¿Sindicalistas que tiran foguetes con bazokas artesáns á policía e aos helicopteros? Nada, nada. Detéñense, xúlganse pola rápida e execútanse. Haí alá 4.000 penas de morte ao ano. ¿Reivindicacións sociais? ¿Protestas en internet? Cárcere e apagón informático.
Se cadra é só envexa dunha alegría popular semellante co ascenso do Celta, Depor, Ourense, Lugo.... Se cadra. Non digo que non.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jorge Vázquez
SENDA 0011
Lo que no se cuenta en el escenario
Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
La tortilla de patatas no era tan popular
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
China, en el nuevo mapa del poder global
Carlos Risco
COSAS QUE NO CONVIENEN
Distinguir el resplandor apocalíptico de la civilización
Lo último