Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Lenguaje "soft"
Cada mañá, cando o home se detén fronte ao semáforo, a muller descoñecida atravesa o paso de peóns e, á altura do vehículo, mira cara o interior con ollos abrigados, como cando se mira cara un escaparate só para ver a propia figura reflectida. O home non advertiu que de luns a venres se repetía a mesma escena ata que se cumpriron varios meses de rutina. A partir dese intre a curiosidade comezou a consumilo internamente. Os primeiros días, despois de detectar a pauta, sorprendíase. Pronto a sorpresa deu lugar ao desconcerto. Moita causalidade de deus, pensaba. E aí quedaba todo. Porén, cando transcorreron varias semanas, e tamén a familia e os amigos quedaban estupefactos fronte ao relato que o home facía daquel encontro continuado, comezou a obsesionarse. Non podía ser simple casualidade a coincidencia sistemática no tempo e no espazo de dúas persoas que non se coñecían de nada. A súa imaxinación disparouse, e a medida que el se detiña un día e outro salvo sábados e domingos fronte ao semáforo e ela transitaba polo paso de peóns, foi ideando a biografía da muller.<?xml:namespace prefix = o ns = 'urn:schemas-microsoft-com:office:office' /><o:p></o:p></FONT></FONT><o:p> </FONT></o:p> Primeiro converteuna en directora dunha axencia de publicidade. Aqueles ollos que penetraban no habitáculo do automóbil deixaban na mirada as pegadas dunha persoa creativa, inqueda. Gustáballe viaxar. Dúas veces ao ano perdíase nun país recóndito, sola, cunha mochila ás costas. Escribía poesía. Practicaba pilates e natación. Odiaba cociñar. Facía catro anos que non saía en serio con ninguén. Daquela, saíu dunha relación tormentosa e prometeuse ser feliz lonxe da tiranía da parella estable. Practica o sexo sen compromiso. Ademais é unha muller desinhibida. O home imaxinou que vivía nun piso de teitos altos, no que as paredes estaban cubertas de libros, películas e discos. Os dez segundos que a muller empregaba en cruzar a avenida excitaban a mente do home, que era no intre no que ela atravesaba o paso de peóns cando con máis contidos enchía a vida da descoñecida. Unha mañá quebrouse de socato a rutina, e cando o home detivo o coche a muller non estaba fronte a el, senón á súa dereita, agonizando baixo as rodas doutro vehículo.<o:p></o:p></FONT></FONT><o:p> </FONT></o:p>
</FONT></FONT>
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Lenguaje "soft"
Miguel Anxo Bastos
Em defensa da Temu
Mariluz Villar
mujeres
Músicas del mundo
Angel Garcia Crespo
Leyendo el pasado
Lo último