Gabándonos de que somos xustos

Publicado: 21 feb 2025 - 00:05

Opinión en La Región.
Opinión en La Región. | La Región

“Coidádevos de non practicar a vosa xustiza diante das persoas para serdes vistos por elas.” (Mateo 6:1)

Falábamos nesta sección, que a xustiza de Deus non é comparable á nosa. Na doctrina de Xesús atopamos unha forma moi distinta á que moitos puideran pensar: facer boas obras en silenzo. Onde ninguén pode ver que o fas. No momento que das esmola e llo mostras a todo o mundo, para ser louvado polas persoas, a boa obra convértese de inmediato algo ao que Deus non lle agrada. Pois xa tes recompensa cos parabéns dos outros.

Na doctrina de Xesús atopamos unha forma moi distinta á que moitos puideran pensar: facer boas obras en silenzo.

Porén, cando a túa man dereita non sabe o que fixo a esquerda (isto é: non tocar trompeta para que todos se enteiren do que dás), Deus, que ve no segredo ha che recompensar en público. Así podemos ver a humildade de Xesús, que sendo rico fíxose pobre, para que puidésemos alcanzar a felicidade que nos faltaba, a vida que nos foi roubada e a certeza cunha esperanza que non nos poderá avergoñar.

Contenido patrocinado

stats