Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Hai máis dous séculos que encetaron as rebelións emancipatorias nas colonias españolas en América, un proceso ao que contribuíu a ocupación por tropas napoleónicas da península, o que deu pulo ao enfraquecemento da orde colonial. Lembremos: o cabido aberto do 18 de abril de 1810 en Caracas, onde a asemblea decide a independencia da Federación Venezolana; o 25 de maio será Bos Aires o lugar onde se realiza outro cabido aberto polo mesmo motivo. Alí elixiuse unha Xunta presidida por Cornelio Saavedra, un críollo, ou sexa, un descendente de españois. O 20 de xullo faise a convocatoria doutro cabido en Bogotá no que se elixe unha Xunta de Governo formada por críollos, aínda presidida polo Vizrrei, porén que dimite aos poucos días. En México, a colonia máis importante e povoada, o pronunciamento (berro) revolucionario de Miguel Hidalgo, na casa rural de Dolores, prodúcese o 16 de setembro, aínda que neste país a rebelión vai pra alén da planificada polos críollos e convertese axiña nunha revolta social dos indíxenas desposuídos contra críollos e españois.
Despois das guerras de independencia, que se alargaron ate 1824, a monarquía española perdeu 300.000 leguas cadradas e 12.000.000 de habitantes, só continuaron sometidas as illas de Porto Rico e Cuba, en América, e Filipinas en Asia, ate finais do século XIX. Tamén foi desta época a ocupación de Florida polos estados Unidos. A loita pola emancipación das colonias españolas foi unha guerra dura e de desgaste, e deu lugar a unha enorme sangría de mozos da península incorporados forzosamente ao exército español pra conseguir a submisión dos rebeldes. Porén, a forza militar e a terra queimada non eran abondo, non se podían deter deste xeito as novas ideas de liberdade, fraternidade e igualdade.
Os galegos e galegas sempre fomos receptivos ás arelas de liberdade dos povos baixo unha situación colonial ou baixo calquera tipo de subordinación
A loita pola soberanía, dividiu familias. En Bos Aires, unha cidade de máis de 40.000 habitantes capital do Vizrreinato do Río da Prata, os galegos e galegas eran numerosos. Daquela que no ano 1806 foron un de cada catro milicianos que se enfrontan ás tropas inglesas que querían ocupar a cidade. En Bos Aires hai galegos que apoian a emancipación e outros que se opoñen, non é casual que o primeiro presidente sexa un fillo de galegos, Bernardino Rivadavia.
Incorporaronse ao exército rebelde moitos emigrantes galegos en postos destacados, como: Antonio Baz, José Bernaldes, Antonio del Pino, José Lorenzo, Juan Pardo de Cela, Francisco Bermúdez, Juaquín Mosquera,... e colaboraron cos governos soberanos outros paisanos como: Antonio Cerviño, Juan Alsina, José Seide,... Unha placa no Centro Galego de Bos Aires lembra a contribución á loita pola emancipación, figuran nela unha morea de xenerais, coroneis, tenentes coroneis,... A dependencia, o carácter subordinado que significaba que todos os cargos dirixentes foran nomeados desde Madrid e fosen moi maioritariamente foráneos, alentan os desexos de emancipación e revolta, máxime cando as posturas conciliadoras non son atendidas, inclinando definitivamente a decisión de moitos críollos a prol da independencia porén tamén de emigrantes galegos e españois.
Os galegos e galegas sempre fomos receptivos ás arelas de liberdade dos povos baixo unha situación colonial ou baixo calquera tipo de subordinación. Así se amosou máis unha vez na marcha, que abrían ducias de gaiteiros, convocada en Bos Aires pola colectividade galega pra celebrar o 150 aniversario da independencia Arxentina. Participaron 200.000 persoas segundo a revista Galicia do Centro Galego. Daquela viviamos na Arxentina máis de medio millón de galegos e galegas, eramos a “quinta provincia de Galiza”, e aos anceios de poder mellorar a calidade de vida (fose na Arxentina, Uruguai, Brasil, Cuba...) uníaselle moitisima morriña pola Patria da que nos vimos forzados a emigrar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago