Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
Os 12 días de confrontación directa entre Israel e Iran tamén serviron pra pasar a un segundo plano a masacre da Franxa de Gaza e a dura represión en Cisxordania. Na Franxa xa se acumulan 58 mil mortos civís, sobre pouco máis de dous millóns de habitantes. Os bombardeos destruíron vivendas, así como edificios públicos, comercios, escolas e mesmo hospitais. E, por se non abondase a traxedia, seica agora morren máis persoas pola fame que polos efectos dos bombardeos.
A Unión Europea, organizacións internacionais e países que mesmo presumen de democráticos, teñen súa culpa no que está a suceder
Non se pode pasar por alto que Hamas alentou o conflito cunha acción terrorista. Coa que Netanyahu quere avalar diante da sociedade mundial súas medidas represivas. Mais non se pode xustificar a intensidade e amplitude das accións contra a povoación palestina por parte do Governo israelí, que mesmo se poden cualificar como un xenocidio planificado. A propia páxina da UNICEF, que forma parte das Nacións Unidas, confirma o escenario máis estremo: “A situación en Gaza segue sendo crítica. A infancia en Gaza segue necesitando axuda urxente. Sen alimentos, auga, electricidade, medicinas nin acceso aos hospitais, miles de nenos e nenas están en perigo. Non hai lugar seguro”. Pola sua banda Médicos Sen Fronteiras, da máis argumentos cando denuncia que: “O plan de distribución de alimentos israelí-estadounidense en Gaza, posto en marcha hai un mes, está a denigrar intencionadamente os palestinos, obrigándoos a elixir entre morrer de fame ou arriscar as súas vidas por subministracións mínimas. Con máis de 500 persoas mortas e case 4.000 feridas mentres buscaban comida, este plan é unha masacre disfrazada de axuda humanitaria e debe ser desmantelado de inmediato”.
Nesta situación límite chama a atención a postura tan débil, contemplativa, da Unión Europea. Daquela que a este respecto Amnistía Internacional valore que a Comisión Europea afirma o obvio: “Israel non está a cumprir as súas obrigas en materia de dereitos humanos en virtude do Acordo (sobre o tema). Este é un feito indiscutíbel que Amnistía Internacional tribunais internacionais, axencias da ONU, expertos independentes, destacadas ONG palestinas, israelís e internacionais, especialistas, comentaristas e antigo persoal diplomático levan anos denunciando. É inescusable que a UE tarde tanto en levar a cabo esta revisión, e é alarmante ver que non expresou ningunha medida contra Israel. Que a Unión Europea e organismos internacionais, que critican en voz baixa o que está sucedendo, mais non toman medidas que obriguen a Israel a que sexan organismos internacionais, como a ONU, os que controlen e supervisen a entrega de alimentos, medicamentos, recuperen hospitais... e que Israel termine a sua presión contra o persoal das Nacións Unidas e organizacións de axuda internacionais, en moitos casos con baixas mortais ou persoal ferido.
A Unión Europea, organizacións internacionais e países que mesmo presumen de democráticos, teñen súa culpa no que está a suceder. Mais a maior responsabilidade é do Governo israelí que controla a Franxa de Gaza na sua totalidade, realiza bombardeos e ataques indiscriminados. Ao que se suma unha distribución dos alimentos con prioridades militares e causar unha migración forzada, que son insuficientes, cando se podería mellorar a situación permitindo a entrada de moitos camións que están á espera na fronteira, aínda que son necesarios moitos máis pra atender satisfactoriamente todas as necesidades da povoación residente, que se fixera sería un paso positivo. O Governo de Israel mantén unha actitude tan agresiva, mesiánica respecto do seu futuro, porque conta co apoio cego dos Estados Unidos (Reino Unido e Alemaña...). Aínda que a confrontación con Irán deixou máis unha vez en evidencia que só unha solución valida pra todas as partes garante a paz e o futuro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Al sanchismo no le puede ir peor
Chicho Outeiriño
La despersonalización de las barriadas (I)
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
SUBSTITUYE A ENRIQUE ÁLVAREZ
La Alcaldía de Vilamartín ya la ocupa Sherezade Núñez
CRUCE DE DECLARACIONES
Giorgia Meloni lanza un mensaje a Donald Trump: “Ni yo ni Italia suplicamos jamás”